O Ensanche é un recurso social, que traballa a prol da dinamización e da participación da cidadanía no ámbito de Compostela, integrando servizos sociocomunitarios pertencentes ao Concello de Santiago á Novacaixagalicia e á Deputación da Coruña. Co obxectivo de ser axente incentivador do lecer e dos proxectos cidadáns, poñemos á súa disposición un equipamento adaptado ás novas necesidades no ámbito sociocultural, nun espazo céntrico e confortábel. Punto de recepción e información Acollida e orientación ao usuario, acerca dos servizos e actividades do centro e doutros externos Departamento Sociocultural Servizos de dirección e mediación para a produción, xestión de espazos e organización de programas e proxectos socioculturais de interese para o barrio e a cidadanía. Atención a persoas individuais e colectivos. Conta cunha área especializada en iniciativas no eido da arte e cultura. Departamento de Xuventude Canaliza a política municipal para a mocidade e ten como eixes de actuación a promoción do asociacionismo xuvenil e a dinamización sociocultural. Desenvolve iniciativas propias dirixidas ao sector, así como outras que xorden dende os propios colectivos, cun labor de apoio e asesoría técnica, establecendo as correspondentes liñas de axuda. Biblioteca Novacaixagalicia Espazo de promoción da lectura dedicado á literatura infantil e xuvenil. Conta cun servizo de préstamo dun amplo catálogo de fondos en galego. Ademais, organiza obradoiros, cursos, visitas escolares, exposicións, etc. Unidade Básica de Atención Social Servizo comunitario da Concellería de Benestar Social e Muller que desenvolve accións preventivas, asistenciais e rehabilitadoras para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Ofrece información, asesoramento técnico, e acompañamento ás persoas, familias e colectivos para facilitar o seu acceso aos recursos sociais pertinentes. Rexistro Auxiliar do Concello Rexistro e entrada de documentos que teñan como destinatario o Concello de Santiago. Area de novas tecnoloxías, sala de usos múltiples, sala de xuntanzas, área wifi, área de exposicións, espazo de proxeccións, tíckets novacaixagalicia e zonas de uso libre e polivalentes Luns a venres: 9.00 a 14.00 h e 16.30 a 21.30 h Sábados: 10.15 a 14.00 h e 17.15 a 20.45 h servizos espazos horario todos os públicos infancia adultos senior (maiores 60 anos) exposicións actividades da rede sociocultural MARTES ÁS 19.00 H. Reunión informativa semanal XOVES 18.15 A 19.15 H. Club de Xadrez* 17 DECEMBRO ÁS 12.00 H. Xogos na Praza Roxa 20 DECEMBRO ÁS 19.00 H. Cinema de Nadal: La Gran Familia. Duración: 104´. Aforo limitado 22 DECEMBRO ÁS 18.00 H. Obradoiro: O Agasallo viaxeiro*. Aforo limitado 23 DECEMBRO ÁS 18.00 H.Vivindo o Nadal. Montamos o Belén. Aforo limitado SÁBADOS 10.30 A 11.30 H (9 A 12 ANOS) E 11.35 A 12.35 H (6 A 8 ANOS). Laboratorio de Informática e Tecnoloxía* 3 DECEMBRO 11.00 A 13.30 H E 17.30 A 20.00 H. IV Torneo de Xadrez Compostela*. Organiza: Club Xadrez Nemenzo 22 DECEMBRO ÁS 17.30 H. Visita do Paxe Real 22, 23, 26 AO 30 DECEMBRO E 2 AO 4 XANEIRO 16 A 21 H. Os pequenos reporteiros no Nadal*. Campamentos abertos de Nadal 28 DECEMBRO ÁS 12.00 H. Obradoiro de caligrafías esquecidas*. Para nenos de 7 a12 anos. Aforo limitado VENRES ÁS 19.00 H. Escola de Cidadanía MARTES E XOVES 9.00 A 10.00 H. Ioga* VENRES 10.30 A 12.30 H. Informática básica* XOVES 19.30 A 20.30 H. Club de Lectura* LUNS 19.30 A 21.30 H. Club de Teatro* 15 DECEMBRO A PARTIR DAS 18.00 H. Posto informativo de Comercio Xusto e consumo responsable. Colabora: Panxea 15 DECEMBRO ÁS 19.30 H. Obradoiro: Qué usamos para consumo responsable. Colabora: Panxea. Aforo limitado 21 DECEMBRO ÁS 18.30 H. Obradoiro de Xabóns artesanais* LUNS 17.00 A 17.50 H (GRUPO 1) E 18.00 A 18.50 H (GRUPO 2). Traballando a Memoria* MARTES E XOVES 10.15 A 11.15 H (GRUPO 1) E 11.20 A 12.20 H (GRUPO 2). Ximnasia senior* MARTES 11.15 A 12.45 H. Informática básica senior* XOVES 11.15 A 12.45 H. Informática avanzada senior* XOVES 17.00 A 18.00 H. Club de Xadrez* 22 DECEMBRO ÁS 17.00 H. Encontro de Nadal de Xadrez Senior*. Para participantes en Clubs de Xadrez da Rede 12 AO 30 DECEMBRO. Exposición: O Comercio Xusto é. Organiza: Panxea 17 DECEMBRO ÁS 17 H. Baile no CSC Vite Solymar 18 DECEMBRO. Excursión. Nadal en Portugal. Para maiores de 60 anos LUNS E MÉRCORES 19.15 A 20.15 H. Ensaios da Asociación Cultural Coro Santa Susana actividades regulares de entidades do barrio O Ensanche | programa do departamento sociocultural |Decembro 2011 O Ensanche Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal Rúa Frei Rosendo Salvado 14/16 T. 981543001 / F. 981543002 [email protected] www.santiagosociocultural.org oensanche.wordpress.com AVISO As actividades sinaladas cun (*) están suxeitas a algunha condición especial. Infórmese no Punto de recepción e información. CONTACTO Se desexa recibir mensualmente o programa de actividades, solicíteo en: [email protected] 1 decembro Día Mundial da Loita contra a Sida