UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 1-2 ESCOLA INFANTI DE … · 2017-11-28 · Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2 1.PERÍODO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL Tempos
Post on 02-Dec-2018
214 Views
Preview:
Transcript
UNHA PROPOSTA PEDAGÓXICA PARA O GRUPO 1-2ESCOLA INFANTI DE TUI
CURSO 2017/18
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
INDICE
1. O PROCESO DE FAMILIARIZACIÓN
2. ALIMENTACIÓN
3. DESENVOLVEMENTO MOTOR
4. DESCANDO
5. HIXIENE
6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO
7. O ROL DO ADULTO
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
1.PERÍODO DE FAMILIARIZACIÓN Á ESCOLA INFANTIL
Tempos progresivos.
Manter continuidade na persoa de referencia que permanece os primeiros días
coas nenas e nenos na aula.
Preparación dos espazos previo á incorporación das nenas e nenos á aula.
Materiais comúns e adaptados ao momento evolutivo de nenas e nenos.
Respectar os obxectos de transición. Respectar costumes familiares e
incorporar progresivamente ás rutinas da aula.
Xerar un ambiente tranquilo e relaxado. Coidar a temperatura (nin demasiado
frío nin demasiada calor).
Actitude atenta aos sinais das nenas e nenos que indiquen unha necesidade
(durmir, cambiar o cueiro, comer,...).
Os tempos das familias na aula, as acollidas e recollidas aproveitaranse para
trasladar información sobre o desenvolvemento do neno.
De ter maiores inquedanzas as familias, emprazaremos a unha titoría.
A comunicación coas familias será de xeito individualizado, evitando dar
información sensible (estado de saúde, incidencias,...) que poidan escoitar
terceiros.
Abanear para durmir e consolar pero non empregar como recurso para entreter.
O cambio de espazos, materiais e actividades para o xogo autónomo será
prioritario.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
O uso do chupete limitarase á demanda da nena e neno; antes do seu uso
excesivo, teranse en conta outras estratexias (cambio de actividade, de espazo,
de materiais,...).
A propia familia poderá entrar na aula para deixar ao neno no espazo de xogo;
cando camiñen poderán entrar por eles mesmos sen necesidade de que invadan o
espazo de xogo. Que as familias entren na aula non supón que a educadora deixe
o que está facendo para atendela: a prioridade será sempre o neno que está
connós. A familia pode agardar. A familia debe coñecer de antemán a
importancia de respectar as dinámicas de aula e a función do educador en cada
momento.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
2. ALIMENTACIÓN
Colaboración e participación da figura de referencia.
Incorporación progresiva atendendo ao seu desenvolvemento evolutivo:
. Na trona cando se manteña sentado e teña interese pola culler. Técnica das
dúas culleres.
. Na mesa cando teña interese por comer só.
O espazo do comedor deberá coidarse para xerar un ambiente tranquilo e
relaxado:
Material ordenado.
Material accesible á nena ou neno (pan, vaso, pano, culler).
O ton de voz do educador marcará en gran medida o ritmo da dinámica.
Procurarase falar baixo e poucas interacción entre adultos para manter a
atención nas interaccións coas nenas e nenos.
O resto de persoal evitará entrar na quenda de comedor para non
interromper a dinámica.
Atención grupal:
En grupos de oito en mesa dobre atendidos por unha educadora.
Apoio do PSX sempre que sexa posible.
Dinámica de alimentación:
Agardar a que o neno abra a boca para introducir o alimento.
Permitir que coma coa man.
Ofrecer a culler cando mostre interese.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
Ofrecer o vaso para beber cando mostre interese (sempre visible).
Manter á nena e neno limpos (favorecer a autonomía non supón que se bañen
en puré). Manter o espazo limpo (limpar mesa entre prato e prato).
Respectar o apetito da nena e neno. Poden repetir, poden deixar.
Favorecer a autonomía de xeito progresivo e tendo en conta o ritmo
individual de cada nena e neno.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
3.DESENVOLVEMENTO MOTOR
⁂ Respectar os ritmos e rutinas que as crianzas traen do seu fogar.
⁂ Na aula favorecerase que permanezan descalzos.
⁂ Anticipar e verbalizar as accións. O adulto comunicará ao neno que é o que vai
acontecer co seu corpo (voute coller, voute soar, ven comer, imos durmir,...).
⁂ O traslado das nenas e nenos que non camiñan e non gatexan será no colo. Cando
gatexen favoreceremos que o fagan polos seu propios medios, aínda que lles leve
máis tempo. Na medida do posible evitaremos trasladar ás crianzas que non
camiñan da man.
⁂ Evitaremos o uso de colchonetas porque dificultan o movemento. Usaremos o
propio chan ou tapices.
⁂ Facilitaremos o desenvolvemento motor a través do xogo espontáneo, en
diferentes espazos e superficies: aula, patio, corredoiro, usos múltiples,
camiños sensoriais,...
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
4. DESCANSO
Evitar situacións de angustia que alteren o descanso.
Respectarase o ritmo de descanso de cada nena e neno. Non se espertan nin se
manteñen espertemos para comer.
No primeiro trimestre pódese utilizar a zona de descanso de 0-1, para nenas e
nenos que precisan maior intimidade á hora do descanso.
Manter o espazo de durmir limpo, ordenado e ben ventilado. As mantas
mándanse a lavar para a casa cunha frecuencia mensual.
Respectarase o uso de chupetes e obxectos de transición, aínda que se
procurará a independencia dos mesmos. Identificar estes materiais.
Anticipar a acción: agora imos durmir, recollemos e imos durmir, logo de comer
imos durmir,...
Favorecer a autonomía respectando o ritmo de cada crianza.
Establecer unha rutina común que sexa doada de identificar por educadores e
nenos:
o Coller a caixa persoal.
o Quitar zapatos, calcetíns e pantalón.
o Gardar a roupa dentro da caixa.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
o Agardar a ser chamado para cambiar o cueiro.
o Cambio de cueiro.
o Coller chupete da caixa (no centro da aula) ou repartir chupetes.
o Deitarse na cama, taparse, durmir.
Establecer rutinas á hora de levantar do descanso:
o Non levantalos nada máis abrir os ollos. Respectar cada ritmo, algúns
levantaranse de seguida outros precisaran dun tempo.
o Gardar chupete na caixa do chupetes.
o Coller a caixa persoal e levar á educadora para que o prepare.
o A medida que avanza o curso, poden quedar sentados na cama coa caixa e
intentar vestir os calcetíns, pantalón e zapatos unha vez que xa se
efectuou o cambio de cueiro.
A partir do terceiro trimestre ofréceselles sentar no WC antes e despois de
durmir aos que mostren interese (poderá ser antes se observamos ese interese
nalgunha crianza).
Unha vez vestidos, collen a axenda da gabeta (progresivo segundo a idade) e
favorecemos que a coloquen no seu casilleiro.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
5. HIXIENE
Individualizada. Momento tranquilo e relaxado para a nena e neno.
Na medida do posible, todas as educadoras manterán a mesma rutina no cambio:
Anticipar a acción (trasladarlle ao neno que o colles para levalo a cambiar,
avisar cando é máis pequeno e preguntar cando é máis maior).
Tombar con coidado no cambiador (cunha man na cabeza para tombalo), ou
solicitar que se deite aos máis maiores.
Ter sempre as cousas necesarias antes de iniciar a actividade: roupa de
cambio, luvas, toalliñas, cueiro, crema,...
Quitar os zapatos (de telos postos) e logo o pantalón. Se é necesario, logo a
camiseta e body.
Solicitar a colaboración (estirar brazos, responder coa mirada, coa actitude
relaxada,...) e agardar por ela. Tanto no desvestido como no vestido. Na
medida do posible, a educadora verbalizará as súas accións e as anticipará.
Se está moi entretido no seu xogo, pódese esperar a cambialo ou a que o
propio neno manifeste sinais de estar incómodo.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
Nas nenas e nenos maiores favorecerase o cambio de pé:
o Porque os nosos ollos están ao mesmo ángulo e podemos aproveitar
para conectar e falar.
o Porque poderá comezar a ver como baixa e sobe o
pantalón/braga/calzón e incluso colaborar a facelo.
o Porque podrá coller o cueiro e tiralo ao lixo.
o Porque estando de pé será máis consciente de porqué precisa ser
cambiado.
o Porque pode comezar a limparse el mesmo.
Durante o cambio de cueiro ou hixiene evitaremos interromper a actividade,
e evitaremos interrupcións innecesarias (na medida do posible garantir que a
outra educadora está co resto de nenos, senón deixar unha proposta para
evitar conflitos mentres atendemos ao neno na súa hixiene persoal).
As zonas de hixiene non son almacén: deben permanecer libres e
coidadosamente ordenadas e ventiladas.
En canto se poñen de pé por si mesmos, lavan as mans; antes e despois de
comer na pía, mentres a hixiene será na zona da bañeira sentados.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
6. O XOGO E MATERIAIS DE XOGO
O principal xogo vai ser o seu PROPIO CORPO.
Na medida do posible, trataremos de empregar materiais naturais para
traballar as sensacións a través do seu corpo: teas, botellas de sons,
axóuxeres,...
NON SE LLES OFRECE O MATERIAL NA MAN.
O material de xogo será presentado en CESTOS para facilitar a orde e a
accesibilidade libre e voluntaria.
Na medida do posible, o material e a proposta de xogo manterase nos recantos,
alfombras ou tapices, para favorecer un ambiente ordenado.
Unha vez se advirta a dispersión da nena e neno co material proposto,
recollerase e farase outra proposta.
Na medida do posible, á hora de recoller solicitamos o material ao neno, non llo
retiramos da man sen avisar.
Favorecemos a súa colaboración para recoller e ordenar, non a impoñemos. A
maior garantía de neno ordenado é que o seu referente afectivo sexa ordenado.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
PROPOSTAS ESPECÍFICAS PARA 1-2
PROPIO CORPO TEAS
BOTELLAS SENSORIAISCESTO DOS TESOUROS (pedras, piñas,
flores, cabazas, cunchas, CD's,..)
CAIXAS SORPRESA TOBOGÁN
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
CONSTRUCIÓNS. ENCAIXABLES EAPILABLES.
BOTES E TAPAS
PELOTAS MÓDULOS DE PSICOMOTRICIDADE
TIPI (tenda campaña)EXPERIENCIAS, PANEIS E CAMIÑOS
SENSORIAIS
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
ESCONDITE CONTOS
TRICICLOS E COCHES BALANCÍN
TRASVASES HEURÍSTICO
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
AUGA AREA
INSTRUMENTOS MUSICAIS ANIMAIS
INSTALACIÓNS XARDÍN SONORO
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
MESA EXPERIMENTACIÓN COIDADO DE ANIMAIS/HORTA
XOGO DE LUCES/LANTERNAS RODAS/CAIXAS FROITA
GARAXES/COCHES/TRENS MATERIAL SIMBÓLICO/DISFRACES
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
DESENVOLVEMENTO DO XOGO NO SEGUNDO ANO DE VIDA
IDADE COMO ACTÚA A NENA ENENO
MATERIAIS
12-15 meses Deixa caer e colocaobxectos máis pequenosdentro dun obxecto maior econ abertura, sácao e volvemetelo.Coloca, move e empurraobxectos.Manipulan e experimentancon todo tipo de obxectos.
Botes e tapas.Cesto con obxectosPelotas Recipientes Contos
15 – 18 Apila tres cubos
Empurran/arrastranxoguetes
Disfruta mirándose aoespello
Lanza unha pelota
Baila cando escoita música
Deslízase polo esvaradoiro
Apilables
Encaixables
Bloques
Recipientes
Pelotas
Espellos
Contos
18 -24
Apila máis de tres pezasChuta unha pelotaSalta/Trepa/CorreHeurísticaImitación
Espellos
Bloques
Animais
Contos
Triciclos
Area e AugaBonecosMaterial heurístico
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
MOBILIARIO PICKLER
MATERIAL CARACTERÍSTICAS
A motricidade libre e a posibilidade de despregar assúas iniciativas propicia na nena e neno recorrer atodo o repertorio de movementos que ten á súadisposición; de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta ásúa acción.
O triángulo de Pickler é un elemento motriz que llespermite moitas accións ás nenas e nenos: subir,baixar, trepar, saltar, xirar,…
O descubrimento por parte dos bebés de que podendesprazarse, cara os sete u oito meses, representaun gran cambio na súa vida: ademais do cambiopostural que xa tiñan conseguido, poden ir descubriro espazo ou un obxecto que lles chame a atención. Ocrecemento psicomotriz toma impulso e os bebésmostran unha gran satisfacción ao comprobar assúas capacidades.
A motricidade libre e a posibilidade de despregar assúas iniciativas propicia na nena e neno a posibilidadede recorrer a todo o repertorio de movementosque ten á súa disposición; de acordo ao seu nivel dedesenvolvemento escolle o que mellor se adapta ásúa acción.
O arco Pickler é un elemento motriz que llespermite moitas accións ás nenas e nenos: subir,baixar, trepar, saltar, xirar,…
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
Unha proposta pedagóxica para o grupo 1-2
7. ROL DO ADULTO
Atención aos sinais de comunicación da nena e neno. Os silencios e as miradas
como formas de comunicación. Anticipación das súas accións co corpo do neno ao
neno (vouche limpar o nariz, collereite,...)
Traballo en equipo.
Comunicación bidireccional coas familias. Non xulgar. Informar das nosas liñas
de actuación, respectar as súas.
Seguimento do desenvolvemento evolutivo da nena e neno a través do diario de
aula.
Compromiso coa formación permanente.
Xerar espazos que estimulen a aprendizaxe autónoma.
Favorecer a autonomía da nena e neno. Autorregulación. Darlles tempos.
Facer propostas, solicitar, pedir axuda, evitar dar ordes,...
Acompañamento respectuoso no caso dos conflitos ente iguais. Avaliación da
situación. Evitar xulgar.
Escola Infantil TuiR/Colón s/n 36700
escolainfantil.tui@igualdadebenestar.orghttps://www.facebook.com/relatosdunhaescola
http://www.escolasinfantisdegalicia.es/tui/tlf: 986 60 71 49 /638299553
top related