Os reis magos son de verdade

Post on 11-Jul-2015

289 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

Transcript

Cambio de diapositivas automático.

Papa?

Apenas seu pai sentou ao chegar á casa, disposto a escoitar, como todos os días o que a súa filla lle contaba das súas actividades no colexio, cando esta en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:

Si, filla, cóntame

Oe, quero... que me digas

a verdade

Claro, filla. Sempre cha digo

- respondeu o pai un pouco sorprendido

E que...

- titubeou Iria

Dime, filla, dime.

Papá, existen os Reis Magos?

O pai de Iria quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu, que o miraba igualmente.

- As nenas din que son os pais.

É verdade?

A nova pregunta de Iria obrigouno a volver a mirada cara á nena e tragando saliva díxolle:

E ti que cres, filla?

Eu non sei, papá: que si e que non. Por un lado

paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero, como

as nenas din iso.

Mira, filla, efectivamente son

os pais os que poñen os regalos

pero...

Entón é verdade?

- cortou a nena cos ollos humedecidos -.

Enganástesme!

Non, mira, nunca te enganamos porque

os Reis Magos si que existen.

- respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Iria.

Entón non o entendo, papá!

Senta, miña nena, e escoita esta historia que che vou contar, porque xa chegou a hora de que poidas

comprendela.

- dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu carón.

Iria sentou entre seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que a sacase da súa dúbida, e seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:

Cando o Nen Xesús naceu, tres Reis que viñan de Oriente guiados por unha estrela achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle regalos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:

“É marabilloso ver tan feliz un Neno! Deberíamos levar regalos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.”“Oh, si! - exclamó Gaspar -. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar regalos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.”

Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba escoitando os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou: “É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder recorrer o mundo enteiro entregando regalos a todos os nenos. Pero sería tan bonito!”

Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. O Neno Xesús, que desde o seu pobre berce parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:

“Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos regalos. Vou a axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Decídeme: que necesitades para poder levar regalos a todos os nenos?”

“Oh, Señor! - dixeron os tres Reis - necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos regalos, pero non podemos ter tantos paxes, non existen tantos.”

“Non vos preocupedes por iso -dixo Deus -, eu vouvos dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.” - “Sería fantástico! Pero, como é posible?” – dixeron á vez os tres Reis Magos, con cara de sorpresa e admiración.

“Decídeme, non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito aos nenos?” -preguntou Deus.- “Si, claro, iso é fundamental” - asintiron os tres Reis. “E, verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?” - engadiu Deus.

“Si, si! Iso é o que esixiriamos a un paxe” - responderon cada vez máis entusiasmados os tres. “Pois decídeme, queridos Reis: hai alguén que queira máis aos nenos e os coñeza mellor que seus propios pais?”Os tres Reis oláronse asintindo e empezando a comprender o que Deus lles estaba planeando, cando se volveu oír de novo a voz:

“Posto que así o tedes querido e para que no nome dos Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns regalos, EU ordeno que, en Nadal, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte, regalen aos seus fillos os regalos que desexen.

Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de regalos se faga como se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente grandes para entender isto, os pais lles contarán esta historia e a partir de entón, en todos os Nadais, os nenos farán tamén regalos aos seus pais en proba de agarimo.

E, arredor do Belén, recordarán que grazas aos Tres Reis Magos todos son máis felices.”

Agora si que o entendo todo papá. E estou moi contenta de

saber que me queredes e que non me tedes enganado.

Cando o pai de Iria rematou de contar esta historia, a nena levantouse e, dando un bico a seus pais díxolles:

Non sei se terei bastante para

mercarvos algún regalo, pero para o ano que vén xa

gardarei máis cartos.

e correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando coa súa hucha na man mentras dicía:

e todos se abrazaron mentres, de certo, desde o Ceo, os tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.

“Uns Magos que viñan de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando: “Onde está o rei dos xudeus que acaba de nacer? Porque vimos a súa estrela no Oriente e viñemos adoralo” (Mateu 2, 1-2)

Música de fondo: Campana sobre campana.Franco Bonetti e su sax de oro.

top related