Caderno Proxecto Tobih GAL:Maquetación 1sociais que o leven ao compromiso en favor do próximo. Todo iso nun contexto positivo, festivo e alegre que o anime a vivir a súa vida desde
Post on 12-Jan-2020
0 Views
Preview:
Transcript
Proxecto educativoRelixión Católica
Proxecto educativo
Relixión CatólicaEducación Primaria
Proxecto e edición: rodeira-grupo edebé
Dirección xeral: Antonio Garrido González
Dirección de edición de contidos educativos: María Banal Martínez
Dirección da área de Relixión Católica: Mercé Asunción Pastor
Dirección de pedagoxía: Santiago Centelles Cervera
Dirección de produción: Xoán López Navarro
Equipo rodeira:
Coordinación editorial: María Xesús Gómez Sanjurjo
Textos: Francesc Riu e Rovira de Villar
Edición: Pilar López Andrés e María Otero González
Corrección: Marta Adrio Herranz
Ilustración: Luís Vilardell Panicot
Pedagoxía: Santiago Centelles Cervera
Deseño gráfico e cubertas: Luís Vilardell Panicot
Colaboradores:
Preimpresión: Track 20
É propiedade de rodeira-grupo edebé
© rodeira-grupo edebé, 2011
Polígono Pocomaco, Sector A2, Nave 16
15190 A Coruña
www.edebe.com
37410
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só
pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a
CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún
fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).
Este libro forma parte do proxecto editorial rodeira e foi elaborado segundo as disposicións e normas
curriculares que desenvolve a Lei Orgánica de Educación (LOE) do 3 de maio do 2006.
Índice
O PROXECTO EDUCATIVO DE RODEIRA
1. Xustificación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
2. Finalidades . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4
3. Principios educativos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 5
UN PRIMEIRO PASO NA CONCRECIÓN DO CURRÍCULO . . . . . . . . . 6
O PROXECTO Tobih: AS CLAVES
Os piares do Proxecto . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 8
O PROXECTO Tobih: A CONCRECIÓN
1. Identificación, traballo e avaliación das
Competencias Básicas e das Intelixencias Múltiples . . . . . . . . . . . . 8
2. A integración das TIC . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9
3. O traballo da dimensión espiritual, da simboloxía e dos valores . . 10
4. Tobih, un proxecto para todos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 11
A ÁREA DE RELIXIÓN CATÓLICA
1. Finalidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 12
2. Contribución á adquisición das Competencias Básicas . . . . . . . . . 12
3. Ensinanzas transversais en Relixión Católica . . . . . . . . . . . . . . . . . 13
O 1.o CICLO DE RELIXIÓN CATÓLICA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14
1. Contidos de Relixión Católica 1 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14
2. Contidos de Relixión Católica 2 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15
3. Proxectos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16
4. A metodoloxía no Primeiro Ciclo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 16
4
O proxecto educativo de rodeira
1. Xustificación — Razón de ser:
• Orienta e rexe o traballo editorial.
• Dálles resposta ás demandas da sociedade.
— Apunta a… Unhas finalidades: A educación integral da persoa.
— Apóiase sobre uns principios educativos: Educación como proceso de construción persoal, educación personaliza-da…
— Concrétase nunha vocación de servizo á educación:
• Dos mozos: nas diversas etapas, con diferentes materiais e variedade de soportes.
• Dos educadores: profesores, pais…
— Culmina… Na elaboración dun Proxecto de Vida persoal vinculado a valores, que move á acción na sociedade.
2. FinalidadesEDUCACIÓN INTEGRAL DA PERSOA: Desenvolvemento das distintas dimensións humanas:
Dimensión física e psicomotriz. Desenvolvemento das habilidades físicas: coordinación, equilibrio, potencia...Coñecemento e aceptación do propio corpo. Adquisición de hábitos de vida saudables.
Valores asociados: axustada autoestima e conciencia autocrítica. Sentido crítico respecto dos estereotipos sociais.Equilibrio mente - corpo.
Dimensión intelectual cognitiva. Fortalecer o pensamento, integrar as aprendizaxes e utilizalas na vida.Desenvolvemento da linguaxe como instrumento de aprendizaxe e de comunicación.
Valores asociados: interese por aprender, esforzo persoal, iniciativa… Autonomía de pensamento. Apertura ao cambio.Liberdade madura e sentido da responsabilidade.
Dimensión afectivo-emocional. Desenvolvemento da personalidade. Adopción de compromisos no persoal e nosocial. Relación e colaboración cos demais.
Valores asociados: equilibrio emocional. Autorregulación. Establecemento de relacións afectivas sas. Bondade, integri-dade, coherencia…
Dimensión sociocultural. Conciencia de cidadanía, respecto e tolerancia polos demais. Cooperación na construcióndun mundo máis xusto.
Valores asociados: desenvolvemento de sentimentos de aprecio e amizade. Tolerancia e talante democrático. Sentidoda xustiza e da solidariedade. Respecto polo patrimonio natural e sociocultural.
Dimensión ético-transcendente. Reflexión ética e dinamismo espiritual. Formulación de preguntas e busca de respos-tas. Apertura á transcendencia.
Valores asociados: interese polo sentido da vida e da historia. Percepción das aspiracións máis profundas do ser huma-no. Identificación das grandes interrogantes sobre a vida e o mundo.
5
3. Principios Educativos
1. A educación é un proceso de construción persoal. O alumno/a crece e constrúese como persoa en interacción cocontorno, cos seus iguais… O alumno/a é responsable e protagonista da construción do seu coñecemento.
2. Un proceso centrado na persoa do alumno/a. Educación personalizada. Cada persoa é un ser único, orixinal e irre-petible; autónomo, libre e responsable; aberto aos demais e á busca do sentido da súa vida.
3. Un proceso orientado. Aprender con sentido. Aprender con sentido permítelles aos alumnos ampliar e enriquecer osseus esquemas mentais, dotalos dunha organización máis sólida, descubrir a súa funcionalidade, utilizalos en con-textos diferentes e obter unha comprensión máis clara da realidade.
4. Un proceso compartido. Aprender con outros. Refírese á capacidade do ser humano de aprender traballando enequipo. O traballo entre iguais proporciona enormes posibilidades de aprendizaxe.
5. O educador/a, mediador no proceso de aprendizaxe, actúa como experto en procesos de ensinanza e aprendizaxee promove a actividade conxunta, exerce de guía na aprendizaxe, cede paulatinamente o control na actividade parafavorecer a autonomía do alumno/a, atende á diversidade e intervén como ponte entre a familia e a escola.
Acción na sociedade
Proxecto de vida
Ao servizo da educación
O proxecto educativo de rodeira
— Orienta e rexe o traballo editorial
— Da resposta a demandas da sociedade.
Dos mozos
Finalidades
Dos educadores
Principios
6
Administración
educativaCentros escolares
CURRÍCULOS
PROXECTO EDUCATIVO
CU
RR
ÍCU
LO
S
das e
tap
as
TRABALLO NAS AULAS
Libros de texto e outros recursos de rodeira
PROXECTO EDUCATIVO
Polo tanto...
Carácter propio (centro privado)
Opcións preferentes
Outros documentos
CONCRECIÓN
DOS CURRÍCULOS
TRABALLO
do equipo directivo
e do profesorado
Traballo.
COMPLETAR
CONCRETAR
E DESENVOLVER
os currículos
Un centro escolar
Un primeiro paso na concreción do currículo
O currículo dunha etapa, establecido polas Administracións educativas, describe a formación básica á que todos os
alumnos deben ter acceso. Nos currículos da educación básica fíxanse as competencias básicas, os obxectivos, os con-
tidos, os métodos pedagóxicos e os criterios de avaliación para cada unha das etapas.
Cada centro debe elaborar o seu Proxecto Educativo no que defina con claridade os seus principios pedagóxicos, o seu
modelo de persoa, o seu modelo de educación integral... e como os pon ao servizo dos alumnos.
Para desenvolver o seu Proxecto Educativo, cada centro debe completar, concretar e desenvolver o currículo de cada
etapa educativa segundo os seus principios pedagóxicos e o seu carácter propio. Así, a concreción do currículo con-
vértese nun compoñente do Proxecto Educativo do centro.
O equipo directivo e o profesorado serán os responsables de levar a cabo este traballo de concreción; é dicir, os cen-
tros escolares non teñen por que aplicar os currículos tal como foron establecidos. Os profesores levaranos ás aulas da
forma e cos criterios que o Proxecto Educativo do centro definise.
7
O PRIMEIRO PASO
na concreción
do currículo
CU
RR
ÍCU
LO
du
nh
a e
tap
a
Libros de texto e outros recursos de rodeira
PROXECTO EDUCATIVO
Concreción dos currículos
CONCRECIÓN
DO CURRÍCULO
AMPLIACIÓN, MODULACIÓN
e inicio de CONCRECIÓN
do currículo establecido a partir
do Proxecto educativo
de rodeira-grupo edebé
O PRIMEIRO PASO achegaríase
ao proxecto educativo das escolas que
compartisen os principios
do Proxecto Educativo
de rodeira-grupo edebé
Un centro escolarO PROCESO será o seguinte:C
UR
RÍC
UL
OS
da
s e
tap
as
Libros de texto e outros recursos de rodeira
TRABALLO
do equipo directivo
e do profesorado
A través da concreción dos currículos, os recursos multiformesfacilitarán o traballo nas aulaspor parte de profesores e alumnos
TRABALLO NAS AULAS
PROXECTO EDUCATIVO
Carácter propio (centro privado)
Opcións preferentes
Outros documentos
CONCRECIÓN
DOS CURRÍCULOS
Un centro escolar
Para a elaboración dos seus materiais curriculares, Rodeira-grupo edebé tamén elaborou a súa propia concreción do
currículo, atendendo aos seus principios e ás súas finalidades educativas. O modelo de educación que nos caracteriza
aspira á formación integral das persoas unida a unha sólida formación en valores.
Este traballo pode servir de axuda aos centros no seu proceso de concreción. Por iso, lle chamamos «Un primeiro
paso».
Finalmente, os recursos educativos de Rodeira-grupo edebé, debidamente enriquecidos coas contribucións de cada
centro, poden chegar á aula.
Deste modo, o modelo de educación definido no Proxecto Educativo do centro chegará a cada alumno/a.
O proxecto Tobih: as clavesOs piares do proxectoUn Proxecto para a sociedade da información e do coñecemento, que contempla o papel da familia e incorpora os prin-
cipios pedagóxicos máis innovadores. Con el preténdese dotar o alumno/a dunha formación integral que analice aspec-
tos culturais de aproximación ao feito relixioso cristián, apectos espirituais de apertura á transcendencia, e aspectos
sociais que o leven ao compromiso en favor do próximo. Todo iso nun contexto positivo, festivo e alegre que o anime a
vivir a súa vida desde a alegría e a felicidade.
En todas as etapas e os niveis, de forma gradual e acorde á idade do alumno/a, aparecen os seguintes aspectos:
• Traballo sistemático da linguaxe simbólica e artística.
• Actividades de reflexión persoal e de aplicación á experiencia, así como actividades de grupo e colaborativas que
fomentan a socialización.
• Traballo da experiencia de apertura á transcendencia, para que o alumno/a tome conciencia de experiencias perso-
ais previas que lle permitirán desenvolver a súa dimensión espiritual.
• Traballo de valores, coa intención de que o alumno/o chegue a integralos na súa conduta.
• Ferramentas para elaborar proxectos de investigación.
• Atención especial ao mestre/a, apoiándoo ao máximo na súa tarefa mediante unha gran variedade de recursos e
materiais complementarios: cadernos fotocopiables, murais... e material dixital integrado no proxecto.
O proxecto Tobih: a concreción
1. Identificación e traballo das Competencias Básicas e das Intelixencias MúltiplesAs competencias defínense como unha combinación de coñecementos, capacidades e actitudes adecuadas ao con-
texto. As competencias básicas son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento
persoais, así como para a cidadanía acti-
va, a inclusión social e o emprego.
Ao incorporar as competencias básicas
no proxecto Tobih insístese máis nas
ferramentas esenciais da aprendizaxe e
nos contidos fundamentais. A adquisición
das competencias básicas esixe integrar
os contidos das distintas áreas de manei-
ra significativa, isto é que produza coñe-
cemento útil e relevante para poder inter-
pretar de maneira crítica e construtiva o
mundo e a sociedade nos que vivimos.
Tobih integra competencias básicas e
intelixencias múltiples, para ofrecer un
programa ambicioso de desenvolvemento
integral de todas as capacidades da per-
soa.
O seguinte cadro esquematiza a relación:
Intelixencias múltiples Competencias Básicas
Intelixencia lingüística e verbalCB. Comunicación Lingüística
CB. Tratamento información e C. dixital
Intelixencia lóxico-matemáticaCB. Matemática
CB. Tratamento información e C. dixital
Intelixencia visual-espacialCB. Cultural e artística
CB. Tratamento información e C. dixital
Intelixencia corporal-cinestésica CB. Cultural e artística
Intelixencia musicalCB. Cultural e artística
CB. Tratamento información e C. dixital
Intelixencia Interpersoal CB. Social e cidadá
Intelixencia intrapersoalCB. Autonomía e iniciativa persoal
CB. Aprender a aprender
Intelixencia naturalistaCB. Coñecemento e interacción co medio físico
e social
8
Identificación
de CB e IM
— Na Programación didáctica (CB do curso)
— Na Programación das unidades didácticas
(Programación de aula)
Traballo
de CB e IM
— Novo tipo de actividades no Libro do
Alumno
— Dobre páxina cada dúas unidades (Pon en
práctica… competencias básica e inteli-
xencias múltiples).
— Propostas de Proxectos no Libro do
Alumno e nos Materiais para o mestre/a
(Programación e Orientacións).
Avaliación
de CB e IM
— Fichas de avaliación nos Materiais para o
mestre/a (Recursos para a avaliación).
— Rúbricas de avaliación das páxinas desti-
nadas aos Proxectos
2. A integración das TIC
O proxecto Tobih enmárcase plenamente na convivencia entre
os formatos papel e dixital para aproveitar ao máximo as poten-
cialidades educativas de cada un deles, mediante:
— Actividades interactivas: progresiva adquisición de autono-
mía persoal na aprendizaxe (aplicables no Encerado Dixital
Interactivo). Trabállanse de forma interactiva actividades do
Libro do Alumno, contos para traballar valores e a simboloxía.
— Aproveitamento educativo de Internet: procura, selección e
organización da información, para transformala en coñece-
mento. Ao longo das unidades didácticas integrouse unha coi-
dada selección de ligazóns a Internet, abrindo, desta maneira,
o campo de estudo e permitindo a entrada na aula da riqueza
do coñecemento en rede.
Internet abriu o acceso á información, agora o alumno debe
aprender a xestionala e a transformala en coñecemento relevan-
te para a vida. As ferramentas telemáticas e os recursos tecnoló-
xicos abren a escola ao mundo, favorecen a comunicación e o
traballo cooperativo, e facilitan os procesos de aprendizaxe.
Tobih faise eco desta realidade e intégraa nos seus materiais
para a aula.
9
3. O traballo da simboloxía, a dimensión espiritual e os valoresOs símbolos forman parte da expresión do ser humano.
Os nenos e as nenas de entre 6 e 12 anos son moi recep-
tivos á linguaxe simbólica. A interpretación dos símbolos
forma parte dos seus xogos habituais e da súa relación
cos iguais.
Ofrecemos este material coa finalidade de motivar os
nenos e nenas a descubrir os símbolos relixiosos.
Os pasos que seguen os nosos alumnos son sinxelos e
adaptados á súa idade e desenvolvemento. Neste primei-
ro nivel empezan por familiarizarse con elementos do con-
torno (como a barca ou a árbore) que posúen unha gran
carga de contido simbólico relixioso.
Debemos ter en conta que traballar os símbolos relixiosos
favorece o desenvolvemento da súa intelixencia lingüística,
na comprensión de relatos bíblicos, e a súa intelixencia
artística, na interpretación de obras de arte.
Ademais, co fin de acompañar os alumnos no espertar da dimensión espiritual,
seguimos os pasos observo, reflexiono e actúo, que lles permitirán desenvolver a
capacidade de expresión espiritual.
A nosa prioridade é convidar os alumnos e as alumnas a vivir os valores
evanxélicos que nacen do testemuño dos homes e das mulleres que for-
man a Igrexa: a amizade, a acollida, a responsabilidade, a paciencia, o
esforzo, a sinceridade, a valentía... No proxecto
Tobih facemos achegas importantes ao desenvolvemento das capacida-
des dos nenos e das nenas de 6 a 12 anos.
Así, no que respecta á relación cos demais e cos grupos sociais aos que
pertencen, o proxecto ofrece unha visión enriquecedora da familia e das
relacións persoais baixo o signo da fraternidade e do amor, do respecto e
da sinceridade.
No relativo ao contorno social e cultural, o proxecto revela o sentido cristián das
festas e das manifestacións artísticas, sobre a nosa cultura. E, finalmente, no
referente á progresiva adquisición de autonomía persoal, usa a reflexión e o xogo
para fomentar a responsabilidade, a creatividade, o afán por descubrir, a alegría
de vivir, a sociabilización e a expresión de gustos e opinións.
10
11
4. Tobih, un proxecto para todos
Cada persoa ten unhas capacidades e unhas habilidades que lle son propias e diferénciana do resto; o reto da educa-
ción é descubrilas e desenvolvelas. Do mesmo xeito, a realidade das nosas aulas ofrécenos unha gran diversidade de
ritmos e estilos de aprendizaxe.
A teoría das intelixencias múltiples xa apunta na dirección de
estimular ao máximo as capacidades diferentes de cada per-
soa; pero, ademais, rodeira amosou tradicionalmente unha
especial sensibilidade para atender á diversidade, de maneira
que todos poidan desenvolverse e integrarse de maneira eficaz
na sociedade. Tobih ofrece variedade de recursos para que os
mestres poidan atender, de maneira personalizada, os seus
alumnos e alumnas.
Así, ofrecemos nos nosos materiais:
— Actividades con diferentes graos de dificultade para facilitar
o seguimento por parte de todos os alumnos.
— Fichas de reforzo e ampliación.
— Aprender coa lectura, co movemento, coa representación
plástica, coa dramatización... para contemplar a diversida-
de de estilos cognitivos e de intelixencias.
A área de Relixión Católica
1. Finalidade
• Presentar a mensaxe cristiá debidamente secuenciada en función do nivel e da idade dos alumnos.
• Situar a área nun contexto histórico e social que recolle a tradición artística e cultural derivada da relixión católica e
doutras relixións.
• Ofrecerlle ao alumno de Educación Primaria o acervo cultural e histórico que a sociedade actual recibiu dos seus ante-
pasados e que tivo na relixión católica a fonte de inspiración e expresión dos sentimentos máis íntimos: pintura, arqui-
tectura, escultura, música, literatura...
• Capacitar o alumno, mediante os obxectivos e contidos, para dar sentido á súa propia vida e ter unha actitude aber-
ta cara á ciencia, a cultura e a identidade da persoa. En definitiva, ser capaz de afrontar os grandes interrogantes que
todo ser humano se fai e buscar respostas e eses interrogantes.
• Presentar as esixencias que se derivan da mensaxe cristiá e ofrecer un modelo de vida, un conxunto de ideas e cren-
zas, e a proposta dunha escala de valores propios do ser humano.
2. Contribución á adquisición das Competencias Básicas
O carácter global da área de Relixión Católica contribúe ao desenvolvemento de todas as competencias básicas:
Competencia en
comunicación lingüística
• Expresa ideas oralmente e por escrito con sinceridade e confianza.
• Participa activamente en diálogos achegando ideas e opinións.
• Identifica e comprende a linguaxe bíblica de textos adaptados á súa idade e nivel.
• Descobre a mensaxe central dun relato bíblico.
• Interpreta e comprende a linguaxe simbólica dos relatos bíblicos escollidos para a súa idade e nivel.
• Reproduce narracións bíblicas.
• Asocia a linguaxe litúrxica dalgunhas celebracións co seu significado e intención.
• Interpreta mensaxes non-verbais.
• Interpreta e utiliza a linguaxe poética e dos símbolos.
• Valora e admira a linguaxe testemuñal.
• Enriquece o seu vocabulario relixioso.
• Comprende frases sinxelas de linguaxe doutrinal conceptual.
Competencia no coñece-
mento e na interacción
co mundo físico
• Valora, coida e fomenta a natureza como creación de Deus.
• Descobre e admira a beleza da Creación.
Competencia social
e cidadá
• Aprende a construír unha personalidade humana.
• Descobre e asume valores de corresponsabilidade social.
• Desenvolve actitudes baseadas na solidariedade, na cooperación, na liberdade, na xustiza e na caridade.
• Resolve conflitos.
• Ilusiónase polos proxectos de vida altruísta e desinteresada.
• Recoñece o ben e a verdade.
• Aprende a descubrir a raíz do seu comportamento.
• Mellora as relacións interpersoais e achégase á idea de fraternidade universal.
Competencia matemática
• Identifica formas e figuras xeométricas na cultura relixiosa.
• Ordena cronoloxicamente no tempo.
• Utiliza unidades de medida temporal.
• Utiliza cuantificadores temporais e espaciais no referente á vida dos cristiáns.
Tratamento
da información
e competencia dixital
• Identifica e utiliza as tecnoloxías da información para elaborar proxectos.
• Interpreta a linguaxe audiovisual.
• Resolve actividades interactivas.
• Busca e utiliza información en diversos soportes.
12
3. Ensinanzas transversais en Relixión Católica
Un dos obxectivos da Educación Primaria é atender o desenvolvemento integral dos alumnos. Este carácter integral do
currículo implica que se deben incorporar nas diferentes áreas elementos educativos básicos contidos nos temas trans-
versais. Deseguido, de forma resumida, presentamos como Rodeira incorporou os temas transversais na área de
Relixión Católica.
Competencia cultural
e artística
• Describe escenas en obras de arte.
• Aprende a identificar elementos simbólicos en arte sobre Xesús, María e os apóstolos.
• Canta cancións con mensaxe humana: social e espiritual.
• Aprende a valorar e a respectar festas e o modo de vida cristiá.
• Admira valores do feito relixioso na súa expresión artística, cultural e vivencial.
• Participa en dramatizacións.
• Desenvolve a creatividade no deseño artístico.
• Recoñece no seu contorno elementos relixiosos.
Competencia para
aprender a aprender
• Traballa en equipo.
• Analiza casos.
• Razoa de forma lóxica.
• Identifica diversas opinións e dá a propia.
• Busca información e expona.
• Aprende a elixir e a planificar os seus proxectos de investigación.
• Identifica a verdade e o ben, a alegría e a tristura.
Autonomía e iniciativa
persoal
• Desenvolve a súa autonomía nas tarefas.
• Aprende a coñecerse.
• Comparte experiencias.
• Desenvolve a súa capacidade de empatía.
• Toma decisións e opina con sinceridade.
• Aprende a reflexionar sobre un feito social e a emitir un xuízo moral baseado en principios, valo-
res e actitudes evanxélicos.
• Recoñece algunhas das súas propias equivocacións.
• Aprende a abrirse á transcendencia.
Educación para a igualdade de oportunidades entre
os sexos
— Conseguir unha visión do mundo libre de estereotipos
sexistas e fomentar o rexeitamento de calquera discri-
minación por razón de sexo.
Educación do consumidor
— Fomentar actitudes críticas ante o consumo excesivo.
Educación ambiental
— Coñecer o medio como un sistema vivo onde o ser
humano é un elemento máis, capaz de actuar sobre el,
cuestionalo e modificalo, achegando ideas e posibles
solucións para a súa mellora e mantemento.
Educación para a saúde e a calidade de vida.
Educación sexual
— Coñecer e practicar hábitos elementais de hixiene.
Educación para a paz
— Comprometerse na defensa dos dereitos humanos e
na superación de discriminacións e situacións de inso-
lidariedade, así como amosar respecto e ser tolerante
coa diversidade de linguas existentes.
— Estimar e valorar a lingua oral e escrita como medio de
establecer e mellorar a relación cos demais.
Educación moral e cívica
— Valorar o diálogo como instrumento para solucionar os
problemas de convivencia e transmitir ideas, pensa-
mentos e opinións, respectando os xuízos e opinións
alleos.
Educación viaria
— Coñecer e respectar as normas básicas para despra-
zarse como peóns e como
usuarios dun medio de
transporte.
Educación para o lecer
— Aprender a distribuír o
tempo de lecer de xeito efi-
caz para obter tempo para
relacionarse cos demais,
colaborar en actividades de
axuda aos necesitados etc.
13
O Primeiro ciclo de Educación Primaria1. Contidos de Relixión Católica 1
CONTIDOS DIMENSIÓN ESPIRITUAL
• A amizade. O amor fraternal. Actitudes que fomentan a ami-
zade. Valoración positiva das mostras de afecto. Participación
en xogos de grupo.
• O amor familiar. Identificación de actitudes positivas para
unha boa convivencia familiar. Gusto polo desenvolvemento
da propia capacidade creativa. Interpretación de cancións.
Interese por expresar o amor na familia. Gratitude polos dons
recibidos na familia.
• A espera. A ilusión como actitude propia da espera.
Comprensión de textos bíblicos: a Anunciación. Interese por
formular propósitos e esforzarse por cumprilos. Arte: unha
escultura de María.
• O nacemento de Xesús: comprensión de textos bíblicos.
Identificación de personaxes bíblicos. Interese por coñecer
como celebran os cristiáns o Nadal. A mensaxe de amor e
solidariedade de Nadal. Arte: unha panxoliña.
• O relato da Creación: comprensión de textos bíblicos.
Identificación e gratitude pola obra creada por Deus. Interese
por respectar e coidar a natureza creada por Deus.
Simboloxía: a auga.
• Xesús chama polos apóstolos: comprensión de textos bíbli-
cos. Todos estamos chamados a ser amigos de Xesús. A
parábola das dúas casas: comprensión de textos bíblicos.
Interpretación de cancións acompañadas con xestos.
• Deus coida das persoas. Xesús cura a un cego: comprensión
de textos bíblicos. Simboloxía: a luz.
• Días tristes e días alegres. Textos bíblicos: morte e resurrec-
ción de Xesús. A Semana Santa e a Pascua. Aprecio e res-
pecto polas celebracións da Semana Santa. Arte: unha pintu-
ra da Última Cea.
• Os cristiáns xúntanse na igrexa. Elementos dunha igrexa.
Observación de templos cristiáns. Uso de vocabulario espe-
cializado. Respecto polo aprecio que os cristiáns teñen pola
igrexa. Arte: un rosetón.
• Os cristiáns e cristiás forman a Igrexa. A misión dos cristiáns.
Participación en traballos corporativos. Interpretación de can-
cións. Arte: un mosaico.
• Lectura, comprensión, interpretación e narración de textos
testemuñais.
• Perdoar: Observación dunha situación de confli-
to. Reflexión sobre posibles solucións ao conflito.
Descrición das consecuencias de cada reacción
e optar de forma persoal polo perdón.
• Celebrar: Observación das actividades dos días
festivos. Reflexión sobre as razóns polas que se
está contento/a os días de festa. Decisión de
estar contento os días de festa.
• Confiar: Observación de situacións de confianza.
Reflexión sobre a confianza e o amor. Xogar a un
xogo de confianza co compañeiro/a.
• Ser xeneroso e solidario: Analizar situacións nas
que se comparte ou non de forma xenerosa.
Reflexionar sobre a propia actitude ao compartir.
Comprometerse a compartir algo xenerosamente
• Admirarse: Observar diferentes paisaxes naturais.
Reflexionar sobre a beleza da Creación. Expresar
gratitude e coidado pola Creación.
• Amar como Xesús ensina: Observar escenas e
identificar nas que se ama como Xesús.
Reflexionar e identificar persoas que aman como
Xesús. Elixir cal sería a propia acción nunha situa-
ción dada.
• Coidar dos demais: Observar unha escena de
atención a un enfermo. Reflexionar sobre a axuda
que ofrecemos aos demais. Escribirlle a un com-
pañeiro/a que estea enfermo.
• Acompañar as persoas que están soas:
Identificar as persoas que senten soas nunhas
escenas. Reflexionar sobre as razóns polas que
se senten soas. Identificar accións que se poden
levar a cabo para acompañalas.
• Ser feliz: Identificar lugares nos que se é feliz.
Reflexionar sobre os propios sentimentos nos
lugares especiais. Debuxar un lugar onde sexa
feliz.
• Dar grazas a Deus polo seu amor: Explicar mos-
tras do amor de Deus na vida diaria. Sinalar un
compromiso para agradecer o amor que se reci-
be.
14
2. Contidos de Relixión Católica 2
CONTIDOS DIMENSIÓN ESPIRITUAL
• Os bos amigos. Identificación de calidades dos bos amigos.
Identificación de accións de cariño entre amigos.
Interpretación de cancións e participación en xogos de grupo.
• Lectura e comprensión de textos bíblicos sobre a confianza en
Deus: Noé e Moisés. Exemplos de vivencia dos
Mandamentos. Participación nunha experiencia de confianza
nun amigo.
• Actitude de ilusión ante a espera da chegada do Nadal.
Comprensión de textos bíblicos: a visita dos Magos. As cele-
bracións do Nadal. A mensaxe do Nadal. Arte: unha panxoli-
ña.
• Os amigos de Xesús. Reflexión sobre con quen comparten as
súas aventuras. Comprensión de textos bíblicos: Xesús calma
a tormenta. A confianza nos seres queridos e en Deus. O
Nosopai. Arte: unha pintura de Xesús calmando a tormenta.
• Lectura e comprensión da parábola do sementador. Actitude
de amor polos demais. Asimilación da cruz como símbolo dos
cristiáns e cristiás. Simboloxía: a auga e o aceite no bautismo.
• Lectura e comprensión da parábola do Pai Bo. Recoñecer a
importancia de pedir perdón. Identificación das propias equi-
vocacións e valor da rectificación.
• As celebracións de Semana Santa. Comprensión do amor que
hai no sacrificio de Xesús. Comentario de diferentes situacións
de amor cristián. Arte: unha pintura de Xesús entrando en
Xerusalén.
• Lectura e comprensión dunha narración testemuñal sobre a
importancia de cada persoa e da súa tarefa. Comprensión de
textos bíblicos: a chegada do Espírito Santo. O Espírito trans-
forma e dá fortaleza. As tarefas dos cristiáns na Igrexa.
Simboloxía do Espírito Santo.
• Comprensión dunha narración testemuñal sobre as nais, pais
ou persoas que os coidan. Ordenación cronolóxica de esce-
nas da vida de Xesús xunto a María. Busca de información
acerca das festas marianas locais. Uso de vocabulario espe-
cializado. Arte: unha pintura de María.
• Descubrimento de xestos de amor para facer felices os
demais. A Igrexa colabora na construción dun mundo mellor.
Lectura e comprensión da parábola do banquete. O Reino de
Deus é a felicidade. Interpretación dunha canción sobre a festa
do ceo.
• Acoller: Observar unha situación de acollida.
Reflexionar sobre posibles sentimientos dun novo
compañeiro fronte a diferentes situacións. Elixir
actitudes e accións de acollida.
• Compartir saberes: Observar unha historia sobre
compartir o aprendido. Reflexionar sobre quen
nos ensinou diferentes cousas. Propoñerse actuar
ensinando o que se sabe a outras persoas.
• Ser solidario: Describir unha escena dun posto
solidario de recollida. Reflexionar sobre as razóns
polas que se organiza unha campaña solidaria.
Colaborar nunha campaña solidaria.
• Coidar: Explicar unha escena dunha nena lesio-
nada. Reflexionar sobre a mellor maneira de coi-
dar a un amigo enfermo. Comprometerse a
actuar cando un amigo está enfermo.
• Axudar: Observar unha escena na que alguén
actua de maneira equivocada e explicala.
Reflexionar sobre as consecuencias dos actos.
Expresar como se corrixe os demais con cariño.
• Perdoar: Observar escenas de conflito e identifi-
car as que viviu. Reflexionar sobre os propios
sentimentos ante os conflitos. Elixir actuar segun-
do as actitudes de amor e perdón.
• Amosar alegría: Observar unha escena dos cris-
tiáns na Pascua. Reflexionar sobre o porqué da
alegría cristiá na Pascua. Elixir a actitude propia
para vivir a pascua e cantar xuntos.
• Confiar: Observar unha escena na que se lle
demostra confianza a un compañeiro. Reflexionar
e actuar nomeando as persoas en quen confia-
mos en diferentes situacións.
• Consolar: Observar unha situación na que se
consola a outra persoa. Reflexionar acerca dal-
gunhas posíbeis maneiras de consolar a quen
está triste. Actuar describir como consolar un
amigo que está triste.
• Compartir ideas: Observar unha escena na que
se comparten ideas para axudar a unha amiga.
Pensar e escribir unha boa idea para axudar a
unha amiga.
15
16
3. Os Proxectos
O traballo por proxectos posibilita a adquisición de competencias e capacidades porque a súa formulación integra coñe-
cementos, aplica os coñecementos en situacións e contextos diversos e transfírelle ao alumno as ferramentas e as estra-
texias de aprendizaxe. O coñecemento exponse como unha elaboración activa e os contidos contémplanse como expe-
riencias vivenciais, ao permitir:
— Propoñer actividades e contidos para identificar os coñecementos previos dos alumnos e os novos contidos que van
adquirir.
— Planificar estratexias de procura, selección e interpretación da información, nos que os resultados estean vinculados
á vida cotiá do neno/a. En definitiva, a aprender a aprender.
— Desenvolver a participación creativa e cooperativa porque se fomenta a colaboración entre iguais e se enriquecen as
aprendizaxes propias coas achegas doutros.
— Facer partícipes ás familias a achegar información, colaborar e implicarse nas actividades do proxecto.
Os elementos fundamentais dun proxecto son o diálogo e a discusión, posto que o punto de partida é un problema ou
situación na que o percorrido ata o final constrúese a partir de preguntas que responden ao desexo de saber cousas
novas, a reflexión sobre o propio saber, a procura de novos coñecementos e a reflexión sobre o propio proceso de
aprendizaxe.
Primeiro curso Segundo curso
Primeiro trimestre Os símbolos do Nadal Poemas de Nadal
Segundo trimestre As tradicións da Semana Santa e daPascua na propia localidade Obsequios de Pascua
Terceiro trimestre Enviar mensaxes felices en globos A festa de fin de curso
4. A metodoloxía no Primeiro ciclo
No proxecto de Relixión Católica Tobih, mantense a metodoloxía orientada a que os nenos de seis a doce anos partan
da súa propia experiencia para achegarse ao feito relixioso e á mensaxe cristiá e logren así integralos no seu universo
persoal e expresalos creativamente.
Para sacar o máximo proveito dos nosos libros e desenvolver o traballo proposto, apoiámonos nos seguintes aspectos.
• O diálogo, a conversa, a simulación e a dramatización de situacións comunicativas, a posta en común de ideas, pen-
samentos e experiencias, constitúen un elemento importante na práctica na aula.
• Partir do que os alumnos coñecen e pensan sobre un tema en concreto.
• Conectar cos seus intereses e necesidades.
• Propoñerlles unha finalidade e utilidade claras para as novas aprendizaxes, que xustifiquen o esforzo e a dedicación
persoal que lles serán esixidos.
• Manter coherencia entre as intencións educativas e as actividades que se desenvolven na aula.
• Favorecer a aplicación e a transferencia das aprendizaxes á vida real.
• Aproveitar os recursos TIC para enriquecer e motivar a aprendizaxe.
• Considerar a distribución de espazos e tempos na aula dunha maneira dinámica para crear un contorno facilitado da
aprendizaxe.
top related