BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

Post on 23-Jan-2016

60 Views

Category:

Documents

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN www.educacion.udc.es BIBLIOTECA UNIVERSITARIA www.udc.es/biblioteca HORARIO 8.30 a 21.30 luns a venres. Introducción: - PowerPoint PPT Presentation

Transcript

BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CC DA EDUCACIÓN

www.educacion.udc.es

BIBLIOTECA UNIVERSITARIA

www.udc.es/biblioteca

HORARIO8.30 a 21.30luns a venres

Introducción:

Globalización económica e cultural, rápidos cambios tecnolóxicos e impacto das tecnoloxías da información e comunicación “Sociedade do coñecemento”:

Obsolescencia dos coñecementos é cada vez máis rápida.

Manterse ao día sobre unha disciplina implica dedicar moito

tempo á formación e información.

Necesidade dunha serie de estratexias para poder buscar e

seleccionar a información máis relevante e útil.

Aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de habilidades

para xestionar a información.

Mapa de ruta:

¿Qué preciso? Utilizarei AtopareiSaber se temos unha publicación na Biblioteca

Catálogo da biblioteca Se temos a publicación e se está ou non dispoñible

Material audiovisual para completar os contidos dunha clase

Catálogo da Biblioteca ou o noso wiki: cineduca.pbwiki.com

Películas, documentais…

Saber qué revistas ten subscritas a biblioteca

Listado A/Z da web da Biblioteca Títulos de revistas, referencia bibliográfica e saber se teñen ou non acceso electrónico.

Saber que revistas hai no meu campo de investigación

Directorios de revistas: Ulrich's, a base de datos do ISSN, Journal Citation Report.

Títulos de revistas cos datos editoriais e no caso do Ulrich tamén as bases de datos que as indizan, e no JCR o factor de impacto

Un estudo máis profundo Bases de datos Referencias de artigos de revista ou o artigo a texto completo

Realizar unha procura bibliográfica Podes solicitala na biblioteca ou ben realizala tí mesmo/a utilizando as bases de datos

Unha bibliografía sobre un tema específico.

Realizar unha bibliografía sobre un tema determinado

Catálogos de bibliotecas Bases de datos

Libros

Artigos de revista

Xestionar as miñas citas bibliográficas para facer unha bibliografía ou traballar con elas

Os xestores de citas bibliográficas: Refworks ou Endnote.

Poderei ter tantas bibliografías como queira actualizadas e co estilo para citas bibliográficas do meu campo (APA, p.e).

Mapa de ruta:

¿Qué preciso? Utilizarei AtopareiManterme ao día sobre o meu traballo Crear unha alerta informativa nas

bases de datos do meu interés. Acudir a foros e listas de distribución

Información actualizada.

Colegas que traballan no mesmo ámbito.Discusións vivas sobre o tema

Coñecer as citas que teñen os meus traballos

As bases de datos do ISI (SSCI, JCR), Latindex, Eric, Scimago, IN-RECS...

O impacto dos meus traballos

Quero publicar un artigo ou un traballo científico

Repositorios dixitais Un espazo aberto no que dar maior visibilidade ao meu traballo

Unha ferramenta dinámica para poder poñer os contidos do curso, os exames, e ao mesmo tempo que podan participar os meus alumnos/as.

As utilidades que ofrece a web 2.0, son gratuítas, sinxelas e permiten a comunicación social.

Ou a plataforma Moodle.

Blogs, wikis, plataformas de autoaprendizaje.

Mercar libros para a Biblioteca ou o Departamento

Entrar na intranet da Facultade Facilidades para solicitalos ás librerías nas que merco habitualmente, saber sempre os libros que pedín, se están xa na biblioteca, se están esgotados ou se están pendentes de recibir, o saldo que me queda.

• Nova normativa de préstamo• Documentos que se poden levar en préstamo.• Documentos con características especiais:

TesesTestDepósitoReferenciaRevistas

PRÉSTAMO

SÓ SE PODEN CONSULTAR NA BIBLIOTECA

http://www.udc.es/biblioteca

No catálogo da UDC podes consultar:

Todos os documentos catalogados na UDC (libros,

revistas, cd-roms, dvd, teses....) de calquera biblioteca

Se o documento está ou non dispoñible

Ubicación á que pertence

Consultar o meu rexistro de usuario/a

Consultar a bibliografía recomendada para cada

materia: facendo a busca por profesor ou por materia

CATÁLOGO DA UDC

Ademais do catálogo da Biblioteca da UDC podedes consultar outros

coma por exemplo:

Catálogos colectivos

REBIUN: É o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas

Universitarias Españolas. Pola amplitude dos seus fondos (máis de 70

bibliotecas) é unha fonte de información moi interesante.

Catálogo CBUC: é o catálogo colectivo do Consorcio de Bibliotecas

Universitarias de Catalunya.

 Directorios de catálogos de bibliotecas universitarias

Bibliotecas universitarias y de investigación españolas (CSIC)

Libweb: directorio internacional

OUTROS CATÁLOGOS DE BIBLIOTECAS

A Biblioteca está subscrita entre outros aos seguintes libros electrónicos:

ACM Digital Library : Informática  Espasa Universal

LION (Literature Online): máis de 350.000 obras a texto completo de literatura en lingua inglesa desde o século XVIII ata os nosos días.    

NetLibrary  NetLibrary é unha plataforma de OCLC que ofrece ás bibliotecas académicas acceso a contidos electrónicos como apoio á investigación, referencia e aprendizaxe na Web. A colección accesible está formada por 979 libros electrónicos adquiridos e 3400 máis de libre acceso de distintas materias. 

Oxford English Dictionary

LIBROS ELECTRÓNICOS

COMO LOCALIZAR E/OU ACCEDER ÁS REVISTAS DA BUDC Hai varias vías para localizar/acceder ás revistas da colección da Biblioteca: 

Catálogo da Biblioteca: para localizar as revistas en formato papel e papel/electrónico

SFX: para acceder as revistas en formato electrónico

Listaxe A/Z da Biblioteca Universitaria: para localizar revistas electrónicas por título de calquera materia.

Listaxe A/Z da Biblioteca da Facultade de CC da Educación: para saber qué revistas temos na biblioteca en papel (abertas ou pechadas) e cales en versión electrónica.

Acceso por provedores: dende os portais dos distintos proveedores (Web da Hemeroteca)

 

REVISTAS

• Son portais onde se reúne unha colección de revistas-e (xeralmente dunha editorial)Son mulitidisciplinares (a maioría) ou especializados nunha área determinada.

• Funcionalidades: Persoalización, busca no contido das revistas, creación de alertas, etc...

• Acceso: –  Dende a Web da Biblioteca > Biblioteca > Colección > Revistas –  Algúns portais con cobertura ampla en Ciencias Sociais: 

»Taylor and Francis»Cambridge Journals Online »JSTOR »Oxford »Project Muse

ACCESO DENDE OS PROVEDORES

É un buscador e enlazador de recursos electrónicos que permite

localizar os documentos a texto completo subscritos pola biblioteca

universitaria ou a través do consorcio Bugalicia. Permite enlazar

co texto completo de artigos, libros, actas de congresos,

estándares, títulos gratuítos e tamén con outros recursos da

biblioteca como o catálogo en liña, o xestor de referencias

Refworks, Google Scholar, etc.

Esta ferramenta proporciona enlaces entre diferentes recursos de

información posibilitando, cun só clic, ver todas as opcións de

acceso que pode ofertar a Biblioteca para un determinado recurso.

Débese ter en conta que a busca non se fai no contido das obras,

senón nos títulos das mesmas.

Agora aperece integrado no multibuscador PÓRTICO.

SFX

É un multibuscador que permite o acceso a multitude de recursos-e

que ten a Bibilioteca Universitaria da Coruña.

Pódese acceder dende calquera ordenador da UDC ou dende fóra da

universidade utilizando o proxy.

Ten 3 opcións:

BUSCA: permite buscar en todos os recursos.

RECURSOS: permite localizar un recurso concreto e facer a busca a

través de Pórtico ou acceder a información do recurso.

SFX: permite localizar e enlazar cos recursos a texto completo.

PÓRTICO

PÓRTICO- EXEMPLO DE BUSCA

PÓRTICO

COMPROBAR OS FONDOS DISPOÑIBLES NA BIBLIOTECA

Dialnet é un portal de difusión da produción científica hispana. Tamén recolle teses de 22 universidades españolas (67 teses da UDC)

SUMARIOS DE REVISTAS: DIALNET

SUMARIOS DE REVISTAS: COMPLUDOC

O chamado acceso aberto ou Open Access permite o acceso libre, sen restriccións ao material educativo e académico, sobre todo a artigos de investigación científica.

Dende a páxina web da Biblioteca da UDC temos acceso a un listaxe dos principais repositorios, nacionais e internacionais, que recollen información en acceso aberto:

http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_abierto.htm

ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)

ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)

REPOSITORIOS DE ACCESO ABERTO

Destaca o buscador de recursos en acceso aberto GOOGLE SCHOLAR ou Google Académico: http://scholar.google.es/

ACCESO ABERTO (OPEN ACCESS)

ENLACE AO TEXTO COMPLETO

É o repositoiro dixital da Universidade que recolle a produción científica dos investigadores da UDC coa finalidade dunha maior difusión, facilitando a súa accesibilidade en Internet http://dspace.udc.es

A actualización é continua, incorporándose regularmente novas referencias.

UDC SPACE

ACCESO DENDE FÓRA DA UDC

A consulta a través do proxy permite consultar a colección electrónica (revistas, libros, bases de datos) dende os ordenadores que non están conectados a rede da UDC.

http://www.udc.es/biblioteca/galego/acceso_remoto.htm

Informa sobre o procedemento a seguir para a conexión dependo do tipo de conexión que teñamos.

ACCESO DENDE FÓRA DA UDC

ACCESO DENDE FÓRA DA UDC

Base de datos TESEO: recolle información das teses doctorais das Universidades

españolas dende 1976. Se non temos na Universidade algunha tese que necesites

consultar podes solicitala utilizando o Servizo de Préstamo Interbibliotecario.

Existen ademaiis outros repositorios de teses doutras universidades españolas, que

recollen as teses en formato electrónico, entre os que destacan:

Repositorio UDC-DSpace que recolle as últimas teses da Universidade a texto

completo.

TDR: Tesis Doctorales en Red: que recolle, en formato dixital, as teses lidas nas

universidades de Cataluña, pero tamén recolle teses doutras universidades españolas.

E-Prints Complutense: arquivo institucional da Universidade Complutense que recolle

3600 teses a texto completo en acceso aberto.

Dialnet: Base de datos de teses doctorais de universidades españolas, na que

participa a Universidade da Coruña.

ULPGC: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Recolle ademais de teses,

proxectos fin de carreira e memorias desta universidade.

TESES

Para localizar teses internacionais: PROQUEST DISSERTATIONS & THESES. Recolle teses principalmente de ámbito anglosaxón, con referencias bibliográficas e  resumos. Permite a consulta das 24 primeiras páxinas de cada tese, ademais dun resumo do contido.

TESES

BASES DE DATOS

Son conxuntos de información estruturada que fan referencia a

outros documentos (artigos de revistas, teses, monografías, actas

de congresos, documentos legais, datos estatísticos, normas…).

Estes documentos poden estar simplemente referenciados na

base de datos (unicamente datos identificativos, como o título,

autor, data, revista no que aparece, etc. dun artigo) ou ben a texto

completo.

Podes consultar bases de datos gratuítas en Internet ou ben as

bases de datos subscritas pola universidade (éstas últimas teñen

acceso restrinxido aos nosos ordenadores). Buscaremos nelas

cando se trate dunha busca específica e non sexa suficiente co

que atopemos no catálogo.

Abarcan todas as áreas do coñecemento e permiten buscar información publicada en artigos de revistas, capítulos de libros, ponencias e congresos, teses, etc.Podemos acceder dende:

Dende a Web da Biblioteca da UDC

**Unha listaxe alfabética www.udc.es/biblioteca/galego/Bases.htm

**Unha clasificación por materias ww.udc.es/biblioteca/galego/bclasific.htm

Na web da Biblioteca do teu centro www.educacion.udc.es no apartado de bases de datos tes unha selección coas específicas para CC da Educación.

BASES DE DATOS

DENDE A WEB DO SERVIZO DE BIBLIOTECA

BASES DE DATOS

BASES DE DATOS

DENDE A WEB DA BBLIOTECA DE EDUCACIÓN

BASES DE DATOS

É unha base de datos multidisciplinar. Recolle as bases de datos do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, cubrindo as referencias de artigos publicados en revistas especializadas editadas en España nas seguintes áreas: - Ciencia e Tecnoloxía (ICYT) - Biomedicina (IME) - Ciencias Sociais e Humanidades (ISOC) 

Temos a opción de buscar de forma conxunta nunha área ou de facer a busca nunha soa base de datos, por exemplo: educación, psicoloxía, arte, filosofía, historia…

BASES DE DATOS DO CSIC

BASES DE DATOS DO CSIC

SELECCIONAR A ÁREA DE COÑECEMENTO

Base da datos multidisciplinar que recolle literatura científica, técnica, médica e de ciencias sociais. Permite o acceso a máis de 14.000 publicacións de diferentes editores. Tamén recolle publicacións en open access.

SCOPUS

É a plataforma de consulta do ISI (Institute for Scientific

Information) que integra os seguintes productos:

Arts & Humanities Citation Index* 1975 -

Science Citation Index Expanded* 1945 -

Social Sciences Citation Index* 1956 -

Current Contents Connect* 1998-

Derwent Innovation Index* 1980-

Journal Citation Reports* 1997-2005

Proceedings* 1990-

WEB OF KNOWLEDGE

Utilizarémola para:

–Coñecer quen e cantas veces son citados os nosos traballos

–Facer procuras nunha materia determinada–Seguir a liña de investigación dun traballo–Ver cales son as revistas máis punteiras nunha área de

coñecemento

Non permite exportar directamente a Refworks (competencia), debemos gardar primeiro os resultados e logo recuperalos.

WEB OF KNOWLEDGE

Promovida polo U.S. Departament of Education, recolle as citas

bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources

in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE).

Baleira arredor de 775 revistas de pedagoxía e educación, actas de

congresos, teses, bibliografías, monografías, informes técnicos e de

investigación e documentación oficial non publicada.

A base de datos inclúe tamén o texto completo dos rexistros ERIC

Digest, parte deste texto, escrito especificamente para profesores,

administradores e outros profesionais da educación, proporciona unha

posta ao día da información bibliográfica sobre temas concretos.

ERIC

PHILOSOPHER’S INDEX

Antes de realizar unha busca, o primeiro que debes facer é determinar a

túa necesidade de información:

- que queres buscar

- con que finalidade (traballo, proxecto, tese de doutoramento)

- que tipo de documentos che interesan (informes, teses, artigos de

revistas), en que linguas, de que anos, etc.

Posteriormente debes seleccionar a/as base/s de datos que mellor se

axuste, segundo as necesidades definidas (cobertura temática,

xeográfica, cronolóxica, etc.). A biblioteca proporciónache unha listaxe

temática das bases de datos dispoñibles na UDC.

COMO FACER UNHA BUSCA BIBLIOGRÁFICA

Unha vez escollida a base de datos, elabora unha estratexia de busca comezando por definir o tema nunha frase, ex.:“A integración escolar dos nenos/as de familias xitanas”

Identifica nela as palabras que representan os principais conceptos, ex.:“integración escolar” “gitanos/as” “centros escolares”

Busca sinónimos ou termos relacionados (podes empregar dicionarios, índices, tesauros, etc.), ex:“centros escolares”, “escuelas” “estudios” “enseñanza”

Ten en conta que tes que traducir os termos á língua de consulta da base de datos (na maioría dos casos o inglés).

Podes establecer relacións lóxicas entre os termos usando operadores booleanos e de proximidade:

AND busca rexistros onde aparezan as dúas palabras. integración AND gitanos

OR busca rexistros onde aparezan algunha das palabras, e úsase para incluir na busca sinónimos e conceptos relacionados.

integración OR gitanos

NOT busca rexistros onde apareza a primeira palabra e non a segunda.

integración NOT gitanos

OPERADORES BOOLEANOS

NEAR/ADJ/WITH... indica a proximidade entre os termos de busca.

integración NEAR gitanos

O truncado serve para buscar unha palabra e as súas variantes; polo xeral o asterisco (*) substitúe a un ou máis caracteres, e a interrogación a un único carácter (?).

Educ* (recuperaría: educar, educación, educacional, educativo/a, etc.)

Wom?n (recuperaría: women e woman)

Tamén podes establecer límites seleccionando o campo de busca (autor, título, materia,etc.), a lingua, datas de publicación, tipo de documento, etc.

OPERADORES DE PROXIMIDADE E TRUNCADOS

Unha vez realizada a busca terás que avaliar os resultados:

Se obtés moitos resultados:

- Engade máis conceptos usando AND para concretar máis a

búsqueda

- Elimina truncados

- Usa descritores

- Busca en campos específicos

Se obtés poucos resultados:

- Elimina conceptos e mantén os máis importantes

- Engade sinónimos utilizando o operador OR

- Usa truncados

- Busca en todos os campos

Uns consellos...

Durante a busca:

- Consulta a ”Axuda” que incorporan as bases de datos

- Comeza escribindo un termo de busca e proba a ver que resultados obtés

- Ten en conta as variantes ortográficas

- Non empregues termos redundantes

A partir dos resultados: - Examina a bibliografía que se cita nun artigo para atopar artigos relacionados - Busca por outras materias a partir dos descritores asignados aos documentos que che interesan

Unha vez que teñas os resultados que che interesan poderás gardalos: imprimir, gravar, enviar por correo electrónico, crera alertas ou exportalos ao xestor bibliográfico Refworks.

O texto completo dos documentos non sempre está dispoñible na base de datos, polo que se só proporciona a cita bibliográfica, terás que buscar o documento no catálogo da Biblioteca.

Lembra que no caso de que a Biblioteca non teña ese documento, a Sección de Préstamo Interbibliotecario pode conseguilo solicitándoo a outras Bibliotecas.

• Qué é unha alerta informativa?

É unha activación automática de novidades informativas sobre un tema, unha web, prensa…. Podemos activalas dende bases de datos, dende algunhas páxinas webs, blogs, wikis… ou dende lectores ou agregadores de feeds. Case todas as bases de datos ofrecenche esta posibilidade, de xeito que ti lanzas unha procura sobre un tema ou un autor e activando a alerta informativa recibirás automaticamente todas as actualizacións que se fagan.

• Sistemas de recepción de alertas:

-  Por correro electrónico: Normalmente as alertas informativas enviábanse por correo electrónico, saturándonos deste xeito a bandexa de entrada. Trátase do sistema máis tradicional e case todas as bases de datos ofrécenche esta opción.-  No teu lector de RSS. RSS é unha linguaxe creada a partir de XML e que sirven para distribuir noticias contidas en sitios webs. Cada vez son máis as bases de datos e portais electrónicos que ofrecen un sistema de alertas RSS.  Só precisamos un lector e hai moitos gratuítos na web: Bloglines, Google Reader, Rojo, Netvibes. Ademáis o xestor de referencias bibliográficas, Refworks tamén dispón dun lector de RSS..

ALERTAS BIBLIOGRÁFICAS

Refworks é un xestor bibliográfico en liña.Para poder acceder temos que rexistrarnos dende un ordenador da UDC (só para rexistrarnos). Unha vez rexistrados podemos entrar dende calquera ordenador conectado a internet.Permite crear unha base de datos coas referencias bibliográficas do nosa interese e crear listaxes de referencias bibliográficas nunha multitude de estilos, importar rexistros dende calquera base de datos, exportalos, compartir carpetas ou toda a base de datos, crear a listaxe de referencias utilizadas nun documento de forma automática, engadir enlaces RSS…

REFWORKS

REFWORKS

EXEMPLO DUNHA LISTAXE DE REFERENCIAS

•O fundamental: Web of knowledge  •Bases de datos de índices de citas do ISI: Citation Index e Journal Citation Reports.

•Para revistas españolas temos a Base de datos IN-RECS: (Índice de impacto de las Revistas Españolas de Ciencias Sociales). Permite:

  Coñecer o impacto científico dunha revista, a súa evolución e a súa posición respecto ao resto das revistas da súa especialidade, utilizando distintos indicadores bibliométricos, como o índice de impacto.

Coñecer qué publicacións citan unha revista e cales son as citadas por ela mesma, e así poder trazar afinidades e relacións científicas e coñecer o

mercado editorial.

Saber cales son os artigos máis citados dunha especialidade.

Coñecer o impacto científico dos autores que publican nas revistas españolas.

Saber cales son as institucións máis citadas en cada especialidade.

AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

Outros índices de impacto:

• SCImago Journal Rank (SJR): un nuevo portal de indicadores científicos,  que utiliza o índice H e non o SCI.

• RESH. Revistas españolas de Ciencias Sociales y Humanas: valoración integrada e índice de citas (CINDOC) 

• DICE: Difusión y Calidad Editorial de las Revistas Españolas de Humanidades y Ciencias Sociales y Jurídicas (CINDOC/ANECA)

No caso de CC da Educación, como é un ámbito un pouco subxetivo á hora da avaliación cada vez utilízase máis o chamado “ÍNDICE H” que utiliza p.e Scimago Journal Rank  y Scopus, a ANECA xa o está aceptando.  

AVALIACIÓN DA PRODUCCIÓN CIENTÍFICA: RPM (Medición do Rendemento da Investigación)

• Para que despois teña unha avaliación positiva da CNEAI: consultarei cales son as revistas máis valoradas e tentarei publicar nelas os meus artigos. Podo consultar: Journal Citation Reports ou Scimago Journal Rank  

• Visibilidade: publicación electrónica nalgún REPOSITORIO INSTITUCIONAL Vantaxes: preservación dixital dos meus traballos e maior número de colegas que os lean.

• A UDC dispón dun repositorio institucional, o primeiro das universidades galegas e un dos primeiros a nivel nacional: UDCSpace, utilízao e axudarás a mellorar o prestixio da túa Universidade.

• Hai outros repositorios importantes: REPOSITORIO DIXITAL DAS UNIVERSIDADES CATALANAS, REPOSITORIO DIXITAL DA UPC , REPOSITORIO DIXITAL DA UCM

• Publicar en revistas electrónicas do teu ámbito de interese.

• Crear un espazo na web social no que publicar os teus traballos e permitir que outros investigadores os lean e acheguen comentarios. Para iso podes utilizar: os blogs, wikis, slideshare…

• Publicar a miña tese: podes engadila á base de datos máis importante neste campo a nivel internacional, que é ProQuest Dissertations & Theses  (Proquest), e ademais nalgún repositorio.

QUERO PUBLICAR UN TRABALLO CIENTÍFICO

O Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de Biblioteca da UDC (aprobado polo Consello de Goberno do 22 de maio de 2008), no art. 2 deixa claro que:

“Integran os fondos bibliográficos e documentais do Servizo de Biblioteca todos os libros, as publicacións periódicas e os documentos adquiridos pola UDC con independencia do concepto orzamentario, obtidos con financiamento exterior ou doados por persoas físicas ou xurídicas e con independencia da súa tipoloxía documental ou do seu soporte material ou ubicación”.

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN

• Os docentes poden solicitar a compra de calquera monografía con cargo ao orzamento de Facultade (para docencia) ou ben de Departamento (investigación).

• Procedemento: INTRANET da Facultade

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN

• Se aínda non dispós dos teus contrasinais de entrada preme en “Rexistrarse ou esqueceu o Contrasinal” e enviaánchas por correo electrónico.

• Unha vez identificado só tes que seleccionar o orzamento ao que queres asignar o pedido, engadir os datos do libro ou libros que queres mercar: título, autor, editorial, nº de exemplares e coste aproximado. Ademais elexirás a librería á que llo queres pedir. Pode axudarte consultar a base de datos do ISBN se é libro español.

• Lembra:

• Comprobar se o exemplar está xa no noso catálogo para evitar duplicar o fondo innecesariamente, a Biblioteca ten pouco espazo. • Non podes gastar máis do que tes asignado.

• Poderás modificar o pedido antes de que a Biblioteca o envíe definitivamente.• En todo momento saberás:

• A cantidade gastada e a dispoñible• O estado do teu pedido

MERCAR LIBROS PARA A MIÑA DOCENCIA OU INVESTIGACIÓN

PARTICIPA!O noso Wiki de formación de usuarios/as: bibedu.pbwiki.com Actualizado periodicamente con novas formacións, ferramentas de utilidade, casos prácticos… que che poden axudar a acadar mellores resultados no estudo e na investigación, formándote nas novas tendencias nos recursos de información. Ademais, podes participar solicitándonos un acceso ou engadindo os teus comentarios.

top related