As Gafas MáXicas

Post on 11-Jul-2015

514 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

Transcript

OS NENOS CONTAN UN CONTO…

AS GAFAS MÁXICAS

Todo empezou cando Nerea comezou a ter problemas na clase, non veía ben o encerado así que súa nai levouna ao oculista.

Éste despois de mirala díxolle que tiña que poñer gafas. Pero, cando ían saír pola porta da consulta Nerea atopou unhas gafas negras con estrelas preciosas que lle estaban decindo que as puxera.

Cando na escola puxo aquelas preciosas gafas que desastre! a profe era unha bruxa e os compañeiros tamén!

Veía brux@s por todas partes|

O peor pasou cando foi a comer ao comedor. A comida non era comida eran gusanos, miñocas…

BUAAGGG!

Xa estaba farta! Decidiu tirar as gafas na primeira papeleira que atopase e así o fixo.

Escarmentada foi a óptica a mercar unhas gafas normales e corrientes que non lle fixeran tantas trastadas.

O compañeiro de Nerea , Daniel tamén tiña problemas nos ollos e decidiu ir a oculista. Mira ti que casualidade foi ao mesmo donde fora a ela.

E cando saía pola porta da consulta Daniel atopou unhas gafas negras con estrelas preciosas que lle estaban decindo que as puxera.

Miña nai! Cando as puxo non veía máis que vacas.

Vacas lendo o periódico, esperando o autobús, no carrito dun bebé…

Tanto se asustou que as tirou na primeira papeleira que atopou.

A pizpireta de Laura comezou a notar molestias nos ollos e decidiu ir a oculista que lle mandou poñer gafas.

E ao saír pola porta da consulta atopou unhas gafas negras con estrelas preciosas que lle estaban decindo que as puxera.

So que ao poñelas pasou algo horrible:

TODO ERA DE COLOR ROSA A COR QUE MÁIS ODIABA NO MUNDO!

Asustada tirou as gafas na primeira papeleira que atopou.!.

Pero as gafas sempre volvían para o mesmo sitio xa que estaban enmeigadas polo oculista . Éste en realidade era un mago que se adicaba a gastarlle bromas aos nen@s

Así que ten coidado se atopas unhas gafas na consulta do oculista.

Oes, unha pregunta: ti que cres que verías se as puxeras?

top related