A cultura castrexa en Valdeorras
Post on 28-Mar-2016
227 Views
Preview:
DESCRIPTION
Transcript
1
OS CASTREXOS NA COMARCA DE VALDEORRAS.
María Rodriguez Pereira e
Gonzalo Rodriguez Afreijo.
2
Índice.
- ¿Qué é a Cultura Castrexa?
- Os Castros.
- A Sociedade Castrexa.
- Os Castrexos na comarca de Valdeorras.
- Fotos da ponte do Córrego.
- Bibliografía e fontes.
3
¿Que é a cultura Castrexa?
Pódese definir como Cultura Castrexa a aquela que se desenvolveu entre os séculos
VI a.C. e V da nosa era (aínda que funde as súas raíces na Idade de bronce) nas terras
da Gallaecia romana (Galicia actual, norte de Portugal,extremo occidental de León e
parte de Asturias) tendo como elemento característico o Castro.
Mapa da Gallaecia Romana.
A presenza de Castros non é exclusiva do Noroeste da Península pero ten as súas
propias particularidades e diferenzas coa do resto da Meseta, por exemplo os Castros de
Castela teñen forma cuadrangular mentres que os de aquí son de forma redonda ou
ovalada, tamén hai diferenzas no tamaño, os do Noroeste son mais pequenos e
achegados entre eles que os do resto da Meseta, onde son mais grandes e mais
dispersos.
Castro Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)
4
Os Castros.
Os Castros eran pobos fortificados, tiñan polo xeral un recinto amurallado de pedra
de forma redonda ou ovalada que recollía no seu interior chozas ou cabanas con
paredes de terra seca (moito mais adiante as farían de pedra) e co teito de palla. Eran
construcións fráxiles polo que se pode entender que non chegaran a nós restos
conservados destas contraccións.
As portas eran de táboas de madeira e o chan estaba igualado por pedras miúdas
sobre a que poñían arxila pisada.
Cabana.
Xeralmente os Castros estaban situados en sitios elevados como montes ou cumios,
con boa visibilidade e de difícil acceso para os inimigos no caso de ser atacados e a
vez ter fácil acceso a recursos alimenticios e a auga polo que ademais, debían estar
entre zona de monte e prados ou entre zona de bosque e cultivos.
Castro de Viladonga (Lugo)
5
Son moi abundantes en Galicia e no norte de Portugal, lugares onde se contan a
miles, o resto están localizados polas montañas leonesas e o occidente de Asturias,
en Sanabria e Carballeda pódense atopar moitos restos por numerosos pobos.
A sociedade Castrexa.
Estaba organizada socialmente a medio camiño entre tribo e familia, dentro de cada
castro convivían distintas familias que teñan lazos de parentesco entre elas.
Abarcando a varios castros estaría a tribo ou pobo, non se sabe moi ben como eran
as relacións entre elas pero supóñase que debían de gozar de moita autonomía
individual.
A xulgar polas escasas diferenzas entre as distintas cabanas dos castros pensase que
era unha sociedade bastante igualitaria na que a principal preocupación era atender
os rabaños que pastaban o redor do castro.
Os homes encargaríanse de labores como a caza, a pesca, o rabaño e a guerra
mentres que as mulleres atendían a criar os fillos, o fogar e a recollida de froitos
silvestres.
Vida dentro dun Castro.
As xerarquías dentro da sociedade castrexa iria en función da idade e do sexo;
segundo conta o xeógrafo e historiador greco-romano Estrabón, que foi un gran
viaxeiro e recorreu case todo o mundo coñecido por aquel entón:
"Comen sentados sobre bancos construídos o redor das paredes, aliñándose en
eles segundo a súas idades e dignidades...".
6
Os anciáns estarían ben considerados dentro do grupo e eran os portadores do saber,
xa que nunha sociedade de tradición oral os coñecementos ían pasando de boca en
boca e eran os mais vellos os encargados de transmitila.
Estrabón escribiu "Memorias de Historia" (Historikà hypomnémata)
A economía castrexa baseábase na agricultura (cereais, leguminosas..) e gandeira
pastoril (vacas, ovellas, cabalos, porcos... ) aínda que tamén se practicaba a caza, a
pesca e o marisqueo (na costa) e a recolleita de froitos de todo tipo (de árbores
froitas, froitas silvestres..) Hai constancia de que tamén desenvolveron labores
metalúrxicas e mineiras, así como o traballo da pedra con fins artísticos e a
elaboración de cerámica.
A cultura Castrexa en Valdeorras.
Pola situación da comarca de Valdeorras por ser a porta de entrada a Galicia e pola
riqueza e fertilidade do seu chan, estes factores fixeron que estivese poboada desde
tempos moi remotos.
A súa historia estivo ligada a presenza dos romanos e a construción da Vía XVIII,
pero xa antes da chegada dos romanos había presenza humana como demostran
restos arqueolóxicos atopados como as Mámoas de Cerixido en A Rúa ou as da
Enciña da Lastra en Rubia e a de Meda en A Veiga.
7
Mámoa de Pedra Ma en Meda (A Veiga)
Tamén se localizaron manifestacións de tipo artístico da Idade do Bronce como os
Petróglifos de Valdegodos (Vilamartín), en Petín e en San Estebo da Rúa Vella.
Petróglifo nas proximidades de Valdegodos (Vilamartin)
Tamén hai abundantes mostras dos topónimos pertencentes a épocas prerromanas, a
mellor mostra son os castros, destes asentamentos castrexos destacariamos os de:
Quereño, Portela do Trigal, O Castro, Xirimil, Xardoal, Cabanelas (Larouco), Sta.
Maria, Valencia do Sil, Arnado, Mones, Chao do castro, Vilaseco, A Capilla
(Vilela)..
Un petróglifo en unha imaxe
gravada polo home sobre unha
pedra usando distintos
métodos. Picado, raiado..
Unha mámoa é un amontoamento
de pedras ou terra que se usaba con
fins funerarios e onde se enterraba as
persoas.
8
O Castro (O Barco)
As primeiras referencias historicas referentes a Valdeorras as temos en fontes
clásicas como O Itinerario de Antonino que era un documento redactado no século
III na Antiga Roma e que recollía todas as rutas ou calzadas romanas.
Calzadas en Hispania recollidas no Itinerario de Antonino.
Tamén o militar,escritor, naturista e científico romano Plinio O Vello fai as
primeiras referencia das que se teñen constancia ós “Gigurri”ou “Egurros” , que
9
segundo os seus escritos forman parte dos 22 pobos dependentes do antigo
Convento Juridico Aturicense do que era capital Astorga (ver mapa na páx.1)
Os Gigurros uníronse a outras tribos (Astures e Cantabras) nas guerras contra a
invasión romana, resistindo ferozmente nas montañas ata ser totalmente
conquistados e dominados polos romanos, estes vendo o potencial que tiñan no
combate crearon un Ala I Gigorrurum composto por 500 xinetes que tiñan que saír
da propia tribo para combater baixo o estandarte romano nas súas tropas Auxilia
(tropas auxiliares).
Tradicionalmente considerase os Gigurri xunto os Calubrigensis como os
primeiros poboadores de Valdeorras. Os Gigurri tiñan a súa capital no Forum
Gigurrorum (na actualidade a paraxe entre A Rúa e Petín chamada A Cigarrosa) e
os Calubrigensis a tiñan en Calubriga (localizado na actualidade en O Barco na
zona denominada Calabagueiros)
Outros pobos dos que se ten constancia por Plinio son os Tiburi localizados no que
hoxe é Trives, os Nemetas que ocupaban o que hoxe é O Bolo e A Veiga e os
Superatio que ocuparon o que hoxe en día é Villafranca do Bierzo.
Guerreiros Gigurri.
Ao longo do período de dominio romano o territorio dos Gigurri é un centro de
explotación aurífera (minas de oro) como o das Medulas no Bierzo ou na zona de
preto da Rúa Montefurado (Lugo) onde se conserva un túnel feito para desviar o
percorrido do río Sil, estás minas deixaron de explotarse a partir do século III d.C.
10
As Médulas (esta Cova recibe o nome da Cova encantada)
Túnel de Montefurado.
11
Ca chegada dos romanos e a posterior romanización prodúcese un cambio na forma de
vivir dos nosos antepasados Gigurros, parte deles empezan cambiar os seus
asentamentos na montaña mais concentrados polas asentamentos en terreos planos
(Chairas) como os romanos, que eran mais dispersos.
Posiblemente o factor decisivo para a romanización desta zona fose que unha das
calzadas mais importantes da Península, a VIA XVIII pasase por estas terras.
A Vía XVIII partía desde Brácara Augusta (Braga, Portugal) e dirixíase a Astúrica
Augusta (Astorga) e cruza Valdeorras de suroeste a nordeste collendo no seu recorrido
Ponte Bibei, Codos de Larouco, Larouco, Freixido, Petín, Ponte Cigarrosa, Fontei, A
Rúa Vella, San Miguel de Outeiro, Vilamartin, A Rodeleira, Arcos, A Proba, O Castro,
Ponte do Córrego, Vilanova, ponte do Regueiral, Rubiá, zona del Marquesado, Robledo
da Lastra para cruzar os Picos de Oulego por Peña Tallada, Cabarcos ata chegar a
Bergidum Flavium (Cacabelos)
Rematamos o traballo engadindo unhas fotos da zona do Ponte do Córrego que está a
pouco mais de 1 km da nosa casa, un lugar precioso polo que no verán iamos pasear
moitas veces con unha pequerrecha María duns seis anos e co único desexo de espertar
nela a curiosidade polas cousas tan bonitas e importantes que nos rodean lle dixen:
-Vés iso de aí? É unha antiga ponte romana.
-Papá! quen eran os Romanos?
Tivemos tema de debate para moitos días e moitas xornadas de paseo polo Córrego
camiño do noso obxectivo, a vila do Castro, acompañados dos cantos dos paxaros,
camiñando agochados baixo a sombra dos chopos, unha paisaxe onde se mestura a cor
case vermella da terra barrosa dos viñedos ca cor verde das árbores e o azul do ceo, con
un aire puro que ole a flores, e de espectadora silenciosa, esa pequena, decadente e
misteriosa ponte case oculta pola vexetación que fai voar a nosa imaxinación pensando
en como serian noutros tempos as persoas e o paisaxe que estabamos a percorrer e na
cantidade de historias e acontecementos dos que foi testemuña, unha bagoa que non
puidese falar!
Esperamos que este pequeno e modesto traballo vos guste, e que gocedes tanto lendo
como nós facéndoo, posiblemente podiamos estendernos moito mais e entrar en detalles
mais profundos, pero por desgraza o tempo é un ben prezado do que non sempre un
pode dispoñer o seu antollo, aínda así aporta datos interesantes sobre os nosos
antepasados e a nosa comarca que non coñeciamos cando comezamos a facer este
traballo e que pouco a pouco foron espertando mais a nosa curiosidade; non fai falla ir
moi lonxe para buscar sitios cheos de historia, so fai falla ter curiosidade e fixarse, a
veces o esencial é invisible para os ollos, fixádevos no que vos rodea e preguntade, sede
curiosos e apreciaredes moito mais todo aquilo que vos rodea.
12
13
14
15
Bibliografia.
González Molina, Tarsicio: «La organización militar del pueblo Astur de los Gigurri».
Terrón Mendaña, Tomás: «Los cinco puentes romanos de la comarca».
Martínez Velasco, Francisco: «Las vías romanas de comunicación en Valdeorras».
http://es.wikipedia.org/wiki/Plinio_el_Viejo
http://www.mundohistoria.org/blog/articulos_web/hispania-la-vision-estrabon
http://www.aaviladonga.es/e-castrexo/es/mec-rg.htm
http://pradaweb.blogspot.com/2010/05/castros-celtas-tumulos-mamoas.html
top related