Top Banner
Poesía Inglesa J. Manuel Barbeito Varela GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2018/2019 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMANA
29

FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Aug 29, 2019

Download

Documents

phungliem
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Poesía Inglesa

J. Manuel Barbeito Varela

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2018/2019

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E

ALEMANA

Page 2: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

2

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA INGLESA E ALEMANA

AUTORES: J. Manuel Barbeito Varela Edición electrónica. 2018

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

Page 3: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

3

Índice: 1. Datos descritivos de la materia …………………………………… 4

2. Requisitos ………………………………………………………… 4

3. Titorías ……………………………………………………………. 4

4. Obxectivos …………………………………………………………... 5

5. Concepción da Materia e competencias …………………………... 5

6 SUMMARY IN ENGLISH ……………………………………….. 9

7. Metodoloxía 1: Ensino …………………………………………….. 10

8. Bibliografía e recursos en liña ..…………………………………... 12

9. Programa …………………………………………………………... 14

Temario............................................................................................. 15

10 Orientacións xerais sobre os traballos dos grupos ………………... 17

11. Cadro de Actividades …………………………………………...... 19

12. Metodoloxía 2: aprendizaxe. Indicacións metodolóxicas

específicas para o seguimento da materia......................................... 19

13. Criterios de avaliación específicos da materia …………………..... 20

A ficha individual............................................................................. 23

A ficha do grupo............................................................................... 23

14. Calendario …………………………………………………………. 24

Datas de explicación do temario

Datas das probas de comprobación

Datas de presentacións e entrega de ensaios

15. Recomendacións para a preparación da avaliación ……………….. 25

16. Outras observacións importantes ………………………………...... 26

17. O modelo do exame ……………………………………………….. 26

Exemplo de exame de comprobación de lectura ............................. 27

Exemplo de exame de comentario de texto ..................................... 28

Page 4: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

4

1. Datos descritivos da materia

Materia: Poesía Inglesa G5061425

Créditos ECTS:TS 6

Carácter: Obrigatorio

Curso/ Cuadrimestre: Cuarto curso. Segundo cuadrimestre.

2. Requisitos

a) Normativos:

- Dominio do inglés escrito, lido e falado. Nivel de lingua adecuado para

entender a selección de poemas de lectura obrigatoria.

- Dominio do castelán e/ou galego.

- Coñecemento do mapa xeral da literatura e cultura británicas (temas da

materia Introdución á literatura inglesa).

- Coñecemento dos fundamentos do pensamento lingüístico.

b) Recomendados: Coñecementos de vocabulario de teoría e crítica literaria.

3. Titorías

Lugar: Despacho 411 (3ª Planta da Facultade de Filoloxía)

881811893

Horas: O horario de titorías que figura na páxina Web. Tamén figurará na porta do

despacho 411.

Page 5: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

5

4 . Contidos e Obxectivos da materia

Contidos Principais autores, movementos e cambios de sensibilidade na tradición literaria inglesa.

Grandes textos e temas da tradición literaria inglesa. Principais poéticas da tradición

literaria inglesa. Principais formas poéticas, metros e ritmos da tradición literaria inglesa.

Cambios estilísticos, cambios de linguaxe poética e o seu significado cultural e histórico.

A tradición literaria: influencias no seo da tradición literaria inglesa e no contexto

europeo.

Obxectivos Coñecemento dos contidos da materia

Obtención das competencias da materia

5. Concepción da materia e competencias

O curso concíbese como un exercicio teórico-práctico de lectura de poesía.

Non será un proceso de acumulación de datos, senón un proceso afondamento

na experiencia da poesía e da linguaxe mediante a análise do poema entendido

como un sistema de sistemas. Esta análise asentarase nas principais

innovacións dos estudos de poética e crítica literaria do século XX.

O curso concíbese como una reflexión sobre a filoloxía no seu sentido

etimolóxico. Esta aproximación sitúanos diante dunha dobre dimensión:

dunha parte, a empírica na que vivimos e na que nos manexamos cunha

noción convencional do signo lingüístico, de outra, a dimensión que a linguaxe

poética nos abre. O idea da dobre dimensión será o principal fío condutor das

análises dos poemas ao longo do curso.

O rigor do pensamento poético é rigoroso. Non nos interesa neste curso a

poesía como un xeito de dicir cousas bonitas ou expresar sentimentos

profundos de xeito mais ou menos vago ou suxerinte. A poesía débenos

ensinar a proceder sistematicamente.

COMPETENCIAS:

CB1, CB2, CB3, CB4,CB5,

CX3, CX5, CX6, CX7,CX8, CX9

CE5, CE6,CE7,CE9,CE10

1) Competencias básicas e xerais

• Conciencia crítica e sensibilidade lingüística.

Instrumento docente-discente:

· Lectura e comentario de textos dende a perspectiva lingüística e ético-política.

· Debates nas aulas interactivas.

· Antoloxía con anotacións de carácter lingüístico.

• Competencia lóxica (CX3):

- Habilidade para a argumentación oral e escrita.

- Habilidade para defender de xeito razoado e fundamentado as propias ideas.

Page 6: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

6

- Emprego de procesos de razoamento para a obtención, selección e organización

de información.

Instrumento docente-discente:

· Exercicios de redacción seguindo o modelo de exame.

· Presentacións e debates.

· Exame que serve guiar ao alumnado nos exercicios relacionados con esta

competencia.

• Capacidade de resolución de problemas (CB2, CX3).

- Analizando a situación.

- Empregando procesos de razoamento rigorosos.

- Manexando os coñecementos adquiridos ao longo dos estudos secundarios e

universitarios. (CB1)

Instrumento docente-discente:

· Análise de textos como resposta aos problemas da súa época.

· Reflexión en debates sobre a relevancia actual de textos do pasado.

· Ppts a disposición do alumnado na Aula Virtual como guía para esta reflexión.

• Capacidade de análise de documentos culturais en xeral. Coñecemento de e

habilidade no manexo das técnicas de análise e comentario de textos.

Instrumento docente-discente:

· Clases expositivas.

· Seminarios.

· Modelo de exame.

• Capacidade de síntese:

Instrumento docente-discente:

· Toma de apuntamentos nas aula expositivas.

· Apoio do grupo para que a toma de apuntamentos non se converta nun exercicio

mecánico de copia.

· Modelo de exame.

• Competencia cultural: estudo de textos fundamentais da tradición literaria

europea no seu marco histótico-cultural. Capacidade de apreciar o feito cultural e

creativo. (CX5)

- Capacidade de comprender, valorar, e apreciar a dimensión histórica dos textos

culturais.

- Capacidade de relacionar os textos co contexto social, cultural e político no que

xurdiron.

- Capacidade de comprender o significado cultural e histórico dos grandes

cambios na linguaxe artística.

Instrumento docente-discente:

· Clases expositivas.

· Esquemas da materia ‘Introdución á literatura inglesa’ a disposición do alumnado

na Aula Virtual.

• Formación de opinión fundada en (CB3):

- Datos relevantes.

- Análise de datos.

- Xuízos razoados fundados na reflexión crítica.

- Discurso coherente.

Instrumento docente-discente:

· Debates nos seminarios.

· Realización de exercicios propostos na Guía Docente.

• Capacidade de comunicación da opinión sobre temas relevantes de índole

Page 7: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

7

social, ética e política (CB4)

- Expresar con orde, claridade e precisión datos, ideas e argumentos.

- Transmitir información ideas, problemas e solucións a un público tanto

especializado como no especializado.

Instrumento docente-discente

· Reflexión nas aulas sobre a relevancia ética e política dos textos.

· Exercicios de redacción seguindo o modelo do exame.

· Presentacións.

• Capacidade de aproveitar os coñecementos adquiridos. (CB1)

Instrumento: referencias interdisciplinares nas exposición e nos debates

• Competencia no manexo de datos: capacidade de reunir, organizar e interpretar

datos relevantes. (CB3)

Instrumento: práctica coa análise de textos.

• Competencia no uso de las TICs para obter, procesar e comunicar

información.(CX9)

Instrumento: Preparación de presentacións na aula; uso de ferramentas virtuais

como Aula Virtual, OED, distintas páxinas especializadas en poesía.

• Competencia de autonomía e iniciativa persoal. (CB5)

- Capacidade de imaxinar, emprender, desenrolar y avaliar acciones o proxectos

individuais con creatividade, confianza, responsabilidade e sentido crítico. CX6)

- Conciencia, xestión e control das propias capacidades e coñecementos. Aprender

aproveitar os propios coñecementos, tanto de cultura xeral como, mais en particular, os

acadados noutras disciplinas como Lingüística, Teoría Literaria e Literatura Comparada. - Aprender a aprender: adquisición de técnicas de estudo e formación continua.

(CX7)

- Capacidade de auto-avaliación.

Instrumento docente-discente:

· Lectura da selección dos textos coas correspondentes anotación a disposición do

alumado na Aula virtual.

· Fomento da aproximación persoal ao texto seguindo o modelo do exame.

· Fomento da disciplina de traballo mediante un calendario de actividades.

· Guía para a mellora do rendemento a disposición do alumnado na Aula Virtual.

· Realización de exercicios propostos na Guía Docente.

· Preparación dos debates anunciados para os seminario.

· Exercicios de auto-avaliación.

• Capacidade de traballar en grupo (CX6, CX7):

- Capacidade de imaxinar conxuntamente accións colectivas mediante o debate.

- Desenrolo do pensamento estratéxico na planificación en grupo das

presentacións.

- Capacidade de emprender, desenrolar e avaliar accións colectivas.

Instrumento docente-discente:

· Organización de actividades a realizar en grupo.

· Organización do alumnado en grupos para realizar as tarefas descritas na Guía

Docente.

· Titorías en grupo.

• Competencia teórica: comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias

nas que se basea a análise de textos.

· Sesións expositivas.

· Debates en seminarios.

· Prácticas autónomas de comentario de texto seguindo as pautas ensinadas nas

Page 8: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

8

aulas.

• Competencia lingüística: o nivel de comprensión lectora, e de vocabulario do

alumnado. (CX8)

Instrumento docente-discente.

· Estudo dos textos anotados a disposición do alumnado na Aula Virtual.

· Foros:

Un foro para solucionar problemas de lingua.

Un foro para a aprendizaxe da lingua a través da literatura.

· Exercicio de tradución.

· Probas de distribuídas ao longo do curso para fomentar o traballo sostido coa

lingua dos textos: probas de comprobación de lectura e comprensión básica dos

textos que son condición indispensable para superar a materia.

2) Competencias específicas

• Competencia cultural: estudo da resposta de textos fundamentais da poesía

inglesa aos problemas históricos do seu momento.

Instrumento docente-discente

· Clases expositivas.

• Coñecemento dos acontecementos históricos e das características culturais que

condicionaron e condicionan el desenrolo da poesía inglesa (CE5). Capacidade de

situar a produción literaria dos países de fala inglesa no contexto social e político

no que se escribiron.

Instrumento docente-discente

· Clases expositivas.

· Seminarios.

· Esquemas da materia ‘Introdución á literatura inglesa’ a disposición do alumnado

na Aula Virtual.

• Capacidade de comprender, valorar, e apreciar a dimensión cultural da poesía

inglesa no marco da tradición europea. (CE7)

Instrumento docente-discente

· Clase expositivas

· Seminarios.

• Capacidade de observar conexións y diverxencias entre as distintas tradicións

literarias europeas en xeral e anglo-saxonas en particular. (CE9)

Instrumento docente-discente

· Clase expositivas

· Seminarios.

• Capacidade de comprender o significado cultural e histórico dos grandes cambios

na linguaxe poética.

Instrumento docente-discente

· Clase expositivas

· Seminarios.

· Actividades recomendadas.

• Capacidade de comprender e explicar a relevancia das innovacións técnicas e

cambios de estilo na poesía inglesa.

Instrumento docente-discente

· Clase expositivas

· Seminarios.

· Actividades recomendadas.

• Dominio dos recursos e técnicas de comentario de poesía. (CE6)

Page 9: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

9

Instrumento docente-discente

· Clase expositivas

· Seminarios.

· Actividades recomendadas.

• CE10 – Capacidade de relacionar a poesía inglesa con outras manifestacións

artísticas. (CE10)

Instrumento docente-discente

· Actividades recomendadas.

• Activación da imaxinación (no sentido simple da visualización das imaxes

poéticas).

Instrumento docente-discente

· Exercicio persoal orientado.

• Desenrolo da capacidade creativa para ofrecer para converter textos de un xénero

literario a outro. Capacidade de propoñer críticas persoais de textos sobre a base

dunha análise rigorosa ligada ao afondamento en temas centrais da tradición

cultural (ver CX5).

Instrumento docente-discente

· Exercicios de reescritura propostos na Guía Docente.

· Prácticas de comentario seguindo o modelo de exame.

6 Summary

Title: English Poetry

Short Description:

Study of: the main texts, poets, poetics, and movements of the English Literary

Tradition; some of the topics of the English Literary Tradition; the main poetic

forms, metres, and rhythms; the stylistic changes, the changes in poetic

language and the changes of sensibility and their cultural and historical

relevance; the literary tradition: influences within the English literary tradition

and in the European context.

This study should not be understood as a cumulative process, but one of

deepening the experience of poetry and language.

General topic of the course: the double dimension (poetic vs. empirical).

The course will improve

Your critical attitude.

Your linguistic sensibility.

Your capacity of analysis.

Your capacity to argue e point.

Your ability to organize data and argue your ideas.

General indications:

- We shall concentrate on the topic ‘poetry and reality’, more particularly on

relation to the ‘double dimension’ present in poetic texts, and the way in which

theory and criticism have dealt with this.

Page 10: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

10

- The textual analysis will be based on the notion of the poem as a system of

systems.

- The lectures on the different topics assume that you are familiar with the

'handouts' of 'Introduction to English Literature' that you can find in the 'Aula

Virtual'. In the seminars, we will discuss the aspects of the text indicated in the

program herein.

- Class participation is compulsory: you cannot pass if you fail to attend more

than three classes without due justification. Moreover, participation counts for

30% of the final mark. Therefore, it is very important that you prepare class

activities and the seminars in discussion groups. Asking questions about the

obscure points of the general introduction to each unit is vital for adequately

following the course.

- Do not accumulate class notes: revise them regularly (preferably with some

colleague) and ask any questions about the doubts you may have. Always

check if you have properly understood the explanation by practising textual

analysis. Detect and solve language problems.

- Take notes as you read the poems using as a guide the exam models that you

will find at the end of this Guide. Your work with the texts mentioned in the

‘Reading List’ will be checked in three assessment examinations at the end of

March, April, and Mai. Only if you pass these tests you can sit for the second

part of the exam.

- You will have to memorise 14 lines from the texts corresponding to each of

these exams.

- Use the exam models (see herein) as a guide for your study.

- The practice of writing is an important part of the development of this course.

Note-taking should ideally be an intelligent writing practice, rather than a

thoughtless mechanic exercise in taking down everything the speaker says.

- Groups will be organised to discuss the topics proposed in class, prepare

seminars, participate in forums, revise class notes, organise round tables, and

write an essay on subjects of their choice selected from the program. Each

member of the group must contribute e short piece to this essay following the

model of the exam.

7. Metodoloxía de ensino

O curso xirará en torno a un tema central: a poesía como filoloxía no seu sentido

etimolóxico e a relación coa realidade que a linguaxe poética establece. Mais

concretamente, centrarémonos na ‘dobre dimensión,’ a poética e a empírica, e

analizaremos as súas múltiples manifestacións en distintos poemas e textos de

poética, teoría e crítica e trazaremos relacións con outras manifestacións artísticas.

1) Introdución teórico-práctica aos “eixos da análise” e a cada apartado do “temario”.

- Explicaranse os temas prestando atención á cuestión central da dobre

dimensión contrastando a dimensión empírica (vida ordinaria) coa non

empírica relacionándoas co uso instrumental e co poético da linguaxe

respectivamente.

- Comentaranse textos empregando as nocións da dobre dimensión e sistema

Page 11: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

11

do sistemas. A análise do poema como sistema de sistemas permitirá afondar

no seu tratamento da dobre dimensión.

- Na análise dos poemas, e sempre en relación coas dúas nocións

mencionadas, empregaranse distintas teorías e estudos críticos que permitan

responder á serie de cuestións que se preguntan no ppt 'How to Read a Poem.'

- Relacionarase o estudo da poesía cos estudos de lingüística e teoría literaria,

coa tradición filosófico e teolóxica, e coa cultura xeral.

- Contrastaranse poemas de diferentes estilos.

- Contrastaranse os distintos xeitos de presentar a dobre dimensión en

distintos períodos e por distintos autores e movementos. Situaremos esta

cuestión no marco de tradición occidental prestando atención ao proceso de

secularización característico da modernidade.

- Centrarémonos en tres períodos e trataremos a cuestión da dobre dimensión

principalmente en relación aos temas do amor, do suxeito, do tempo e da

natureza: Renacemento (amor cortés), Romanticismo (suxeito, natureza e

temporalidade) e Modernismo (suxeito, cidade e tempo).

- O contraste entre estilos será un aspecto fundamental da explicación e da

práctica. Por iso, inda que seguiremos en xeral a secuencia cronolóxica,

empezaremos lendo poemas do século XX para ver o contraste co estilo

renacentista que veremos inmediatamente despois e, á hora de explicar a

Wordsworth tomaremos como referencia a Milton, de unha parte, e ao

modernismo de outra.

2) Análise e debates (seminarios e foros):

- Declamación, Close Reading e tradución.

- Análise do poema como sistema de sistemas.

- Debates en relación coa cuestión da dobre dimensión en torno a textos

seleccionados para cada seminario (poemas ou textos críticos).

- Debates sobre os temas principais – poética, amor, natureza, cidade, tempo e

historia – e os seus distintos tratamentos nos textos de lectura obrigatoria.

- Realización de exercicios propostos para cada tema (ver o apartado ‘Programa,’

páx. 14).

- Reflexión sobre os coñecementos adquiridos ao longo da carreira.

3) Presentacións e ensaios curtos individuais e en grupo tendo presente o sentido da

Page 12: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

12

materia, os seus eixo e o modelo de exame.

4) Uso de foros na Aula Virtual: para solucionar dúbidas de lingua. Aínda que as

notas que acompañan aos poemas na selección de textos de lectura obrigatoria

deberan solucionar a maior parte dos problemas de lingua, haberá un foro aberto

por cada ficheiro de poemas a ler para que os grupos pregunten as súas dúbidas

(inda que non é o obxectivo central desta materia, o estudo da lingua dos poemas

contribuirá á aprendizaxe da lingua instrumental a través do estudo da

literatura).

8. Bibliografía e recursos en liña

Lecturas obrigatorias: - A Guía Docente: poderase preguntar sobre algún aspecto desta guía docente en

calquera momento da avaliación, particularmente no que se refire ás indicacións

sobre os procedementos de estudo e á concepción e obxectivos da materia.

- Os ‘handouts’ da materia ‘Introdución á literatura Inglesa.’ Lembrade que un dos

"Requisitos normativos" da materia é, como se dixo na páxina 4, o "coñecemento

do mapa xeral da literatura e cultura británicas."

- Os arquivos coa selección de poemas que atoparedes na Aula Virtual. Aparte dos

textos que aparecen nesa selección, son materia de exame todos os textos

analizados na clase.

Libros de texto: Brooks, Cleanth and R.P. Warren (1976): Understanding Poetry. Halt, Rinehart and

Winston.

Eagleton, Terry (2007): How to Read a Poem. Blackwell.

Leach, Geoffrey N. ( 1969): A Linguistic Guide to English Poetry. Longman.

Bibliografía básica:

Attridge, Derek (1982): The Rythms of English Poetry. Longman.

Barbeito Varela, J. Manuel (2006): Las Brontë y su mundo. Síntesis.

Culler, Jonathan (2015): Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press.

Barfield, Owen (1987): Poetic diction: a study in meaning. Wesleyan University Press.

De Man, Paul (1984): The Rhetoric of Romanticism. Columbia U.P.

Empson, William (1977): Seven Types of Ambiguity. Penguin.

Enright, D.J. and Erns de Chickera (1962): English Critical Texts. O.U.P.

Finch, Annie (2011): A Poet's Ear: A Handbook of Meter and Form. University of

Michigan Press.

Fussell, Paul (1965): Poetic Meter and Poetic Form. Random House.

Gayley, Charles Mills; Young, Clement C (2005): English Poetry. Kessinger

Publishing.

Hillis-Miller, J (1987): The Linguistic Moment. From Wordsworth to Stevens.

Princeton U.P.

Hirsch, E. (2008): The Making of a Sonnet: A Norton Anthology. W. W. Norton & Co.

Hollander, John (1981): Rhyme's Reason. Yale University Press.

Jenkins, Lee M; Davis, Alex, ed. (2007): The Cambridge companion to modernist

poetry. Cambridge University Press.

Page 13: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

13

Kiparsky, Paul (1975): "Stress, Syntax, and Meter". Language 51 (3): 576–616.

Leighton, Angela (2007): On form : poetry, aestheticism, and the legacy of a word.

OUP. Longenbach, James (1997): Modern Poetry After Modernism. Oxford University Press.

Lotman, Yuri (1976): Analysis of the Poetic Text. (Trans. by D. Barton Johnson.)

Ardis.

Machin, Richard and Christorpher Norris (1987): Post-Structuralist Raeadings of

Engish Poetry. CUP.

Martin, Graham and P.N. Furbank, Twentieth Century English Poetry (1975): Critical

Essays and Documents. The Open University Press.

Perloff, Marjorie (2002): 21st-century modernism: the new poetics. Blackwell

Publishers.

Pinsky, Robert (1998): The Sounds of Poetry. Farrar, Straus and Giroux.

Preminger, Alex; Brogan, Terry VF; Warnke, Frank J, ed. (3rd ed.): The New

Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics. Princeton.

Strand, M. (2001): The Making of a Poem: A Norton Anthology of Poetic Forms

(Norton Anthology). W. W. Norton & Co.; New Ed edition.

Strachan, John R; Terry, Richard, G (2000). Poetry: an introduction. Edinburgh

University Press.

Wilson, Edmund (1959): Axel’s Castle. Fontana.

Bibliografía complementaria:

Agambem, Giorgio. The End of the Poem. Standford, 1999.

Agamben, Giorgio. Stanzas. Word and Phantasm in Western Culture. University of

Minnesota Press, 1993.

Badiou, Alain. Para unha nova teoría do suxeito. Santiago: Noitarenga, 2000.

--------- ‘Filosofía e poesía’ Trabe de ouro. Ano 9, n. 33 (xan.-marzo 1998); pp. 11-19.

--------- A Poesía como condición da filosofía. Santiago de Compostela : Amastra-n-

gallar, 2001.

--------- A Idade dos poetas. Amastra-n-gallar, 2002.

--------- O estatuto filosófico do poema despois de Heidegger Amastra-n-gallar. 5

(Inverno 2003) ; pp. 4-10.

Badiou, Alain et al. La Politique des poètes : pourquoi des poètes en temps de

détresse? Albin Michel, 1992

Dante Alighieri, De vulgari eloquentia , Convivio. Cátedra, 2006

Horacio Flaco, Quinto (2010): Arte poética. Dykinson,

Graham Martin, Language (1972): Truth and Poetry: Some Notes Toward a Philosophy

of Literature. Edinburgh University Press.

Jacobson, R. Ensayos de Poética. Fondo de Cultura Económica, 1977.

Jakobson, R.: Lingüística y Poética. Cátedra, 1981.

Heidegger, Martin. Poetry, Language, Thought. (New York: Harper Modern Perennial

Classics, 2001).

Rabaté, Dominique. Figures du sujet lyrique. Presses Universitaires de France, 1996.

Richards, I.A. Principles of Literary Criticism. Routledge & Kegan Paul, 1976.

Riffaterre, Michel. The Semiotics of Poetry. Methuen, 1978.

Para escribir un ensaio

Page 14: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

14

Beery, Ralph, The Research Project: How to Write It. London: Routledge, 1995.

Gibaldi, Joseph, MLA Handbook for Writers of Research Papers. 5th

ed. New York:

MLA, 1999.

Recursos en liña

. Serache moi fácil atopar na Web lecturas da maioría dos poemas de xeito que poderás

practicar pronunciación e entoación.

- Aula Virtual da materia.

- En Poetry Foundation atoparás comentarios e lecturas de poemas.

- Na biblioteca da USC: Recursos informáticos -> bases de datos -> Literature

online. Ademais dos textos poderás atopar bibliografía. Na biblioteca atoparás

tamén: Recursos informáticos -> Diccionarios-enciclopedias

9. Programa

I. Introdución

II. Os eixos da análise II.1. A dobre dimensión

- A natureza da poesía e a lingua: coidado da lingua vs. uso instrumental.

- Poesía e realidade: mais aló de ‘man’s fate.’

- Poesía e verdade

- Poesía e temporalidade: o instante.

- Poesía e natureza

- O suxeito da poesía.

II.2. O sistema de sistemas

Algunhas lecturas básicas para empezar

I. Introdución (1 semana).

II. Os eixos da análise: a dobre dimensión e o sistema de sistemas.

III. Temario

Poéticas.

Estilos e movementos: Renacemento, Romanticismo, Modernismo, despois do

Modernismo.

Catro grandes temas da poesía Inglesa: amor, suxeito, natureza, cidade, tempo

e historia.

Forma poéticas e algúns aspectos técnicos .

Nota: A secuencia cronolóxica non está pautada por este temario (os catro aspectos

tocaranse na lectura de cada poema) senón pola secuencia cronolóxica de estilos e

movementos. Ver ‘calendario’ en p. 24.

Page 15: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

15

E. Spenser’s Sonnet IX (‘Long while I thought…’), J. Milton, Paradise Lost (selección), Wordsworth,

The Prelude (selección), W.B. Yeats’s “To the Rose Upon the Rood of Time,” W.H. Auden, 'Prime,' T.S.

Eliot’s, ‘Prelude I,’ W.C. Williams, ‘The Red Wheelbarrow,’ J.H. Prynne’s ‘On the Anvil.’

III. Temario:

Poéticas

- Defensas da poesía: Sidney, Shelley, Wordsworth e Coleridge.

- Poesía e poética: Spenser, Shakespeare, Yeats, Auden.

Lecturas obrigatorias:

Selección de textos dos autores mencionados.

Actividades:

Grupos: tomando como punto de partida algunha das poéticas, o grupo que elixa este tema

fará unha defensa da relevancia da poesía hoxe apoiándose en textos dos seus poetas preferidos.

Estilos e movementos - Renacemento.

- Romanticismo.

- Modernismo.

- Do modernismo en diante.

Lecturas obrigatorias:

- ‘Handouts’ da materia ‘Introdución á literatura Inglesa’ que atoparedes na vosa Aula Virtual.

Prestarase especial atención aos temas 5c ("The Rise of Aesthetics"), 6 ("Romanticism") e 8-9

(“Realism, Modernism, and Post-modernism”).

- Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual.

Actividades:

Escolle dous poemas de épocas distintas co mesmo tema e examina os cambios de estilo e as súas

implicacións.

Os grupos que elixan este tema organizarán unha mesa redonda e escribirán un ensaio sobre un

dos temas deste apartado.

Grandes temas da poesía Inglesa - Poesía e amor. Chaucer, Wyatt, Shakespeare, Donne, Milton, Yeats, Auden.

- Poesía e suxeito: Shelley, Keats, Yeats.

- Poesía, natureza, cidade. Wordsworth, Eliot.

- Poesía e temporalidade. Shakespeare, Wordsworth.

- Poesía, memoria, ausencia. Sidney, Shakespeare, Wordsworth, Yeats.

Page 16: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

16

- Poesía e historia. Milton, Yeats, Heaney.

Lecturas obrigatorias:

Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual.

Actividades:

Escolle un soneto de Shakespeare que trate o tema do paso do tempo e compárao con un poema

de Wordsworth, de Yeats ou de Auden.

· Escolle tres poemas renacentistas que presenten nocións distintas do amor e argumenta a favor

de una delas.

· Escolle un poema renacentista sobre o amor e outro de Yeats ou de Auden e argumenta a favor

de unha das nocións e rexeita a outra.

· Escolle un poema renacentista que trate o tema da ausencia e compárao con un poema de épocas

posteriores que trate o mesmo tema.

· Escolle dous poemas de distintas épocas e contrasta as nocións de natureza que presentan.

Os grupos que elixan esta unidade para traballar organizarán unha mesa redonda e escribirán un ensaio

sobre un dos temas deste apartado.

· Obrigatorio para todos os grupos: Mirar no Oxford English Dictionary as distintas acepcións

de “nature.”

Formas poéticas e algúns aspectos técnicos.

4.1. Algúns aspectos técnicos - A materia da poesía. Ritmo: sintaxe, versificación, métrica. A música da linguaxe.

- Voces líricas. Chaucer, Wyatt, Spenser, Shakespeare; Yeats, Eliot, Auden.

- Figuras retóricas: Alegoría e símbolo (imaxe e emblema); metáfora, metonimia, sinecdoque.

Wordsworth, Yeats, Eliot.

Actividades individuais:

· Compara as voces líricas de tres poemas de distintos autores.

· Reescribe un poema en prosa e explica o efecto da versificación sobre esta.

· Reescribe un poema en linguaxe directa e da exemplos da efectividade da linguaxe do

poema.

· Ensaia distintas acentuacións e entoacións e explica o sentido das mesmas.

· Reescribe a primeira estrofa de 'The Solitary Reaper' como diario de viaxe.

4.2. Formas poéticas:

- O Poema Curto:

o O soneto. Wyatt, Spenser, Shakespeare, Donne, Blake, Wordswoth, Coleridge, Auden.

o A elexía: Thomas Gray, Emily Brontë, Alfred Tennyson, Seamus Heaney.

o A balada (pode non ser "curta"): Wordsworth.

Page 17: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

17

o Secuencias de poemas curtos. Yeats, Auden.

- O Poema Longo:

o O poema épico: Spenser, Milton, Wordsworth.

o Versións románticas do Quest Myth: Shelley.

o A Oda: Coleridge, Wordsworth, Keats.

o O Monólogo Dramático: Tennyson, Browning.

Lecturas obrigatorias:

Selección de poemas dos poetas mencionados. Ver arquivos Aula Virtual.

10 Orientacións xerais sobre os traballos

en grupos

OBXECTIVOS xerais dos grupos:

Revisión: apuntamentos, comprensión básica da lingua dos textos.

Debate e preparación de seminarios.

Preparación de dúas actividades: Mesa Redonda, Comentario de textos.

OBXECTIVO xeral das actividades:

Aplicación práctica das nocións explicadas nas clases expositivas e aplicadas nos seminarios: trátase de ver

cómo a análise do sistema de sistemas permite afondar no xeito no que un texto trata a dobre dimensión

Obxectivo das presentacións na Mesa Redonda: aportar ao resto da clase exemplos de análise do

sistema de sistemas e mostrar como esta análise leva á comprensión mais fonda da dobre

dimensión. Dado que se trata de clarificar practicando con exemplos o método de análise de textos e

os temas explicados na clase, o criterio fundamental da avaliación das presentacións é a claridade e

a calidade dos exemplos.

Obxectivo do traballo escrito: Práctica co modelo de exame. Os criterios aquí son a organización,

a coherencia e o rigor da argumentación do discurso, así como a comprensión dos temas estudados

e a destreza no emprego do método de análise (ver ‘Recomendacións para a preparación da

avaliación,’ p. 25).

TEMPO a dedicar a estas actividades:

E imprescindible que vos deades conta de que os traballos son "exercicios" (de comentario, de

redacción e de exposición) que están integrados na dinámica xeral do curso. Non se trata de dedicar

moito tempo ao estudio dun tema empregando bibliografía mais ou menos ampla para preparar o

traballo. O traballo en si debera levar pouco tempo unha vez que os conceptos fundamentais xa se

explicaron e exemplificaron nas clases e dando por suposto que o grupo funciona adecuadamente

para cumprir os obxectivos antes indicados.

Non esquezades nunca que a maior cantidade do voso tempo deberá estar dedicada a lectura e

comprensión dos poemas e á familiarización coa súa lingua.

Page 18: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

18

PRESENTACIÓNS

Formato: Mesa Redonda. Propostas de debate.

É imprescindible explicar conceptos facendo análise dos textos. Cada persoa deberá dar polo menos

un exemplo claro da noción da dobre dimensión e do funcionamento do sistema de sistemas en relación

coa dobre dimensión no poema.

Non se trata de incluír moita información senón clarificar mediante exemplos e de presentar unha

idea ou proposta de debate para clarificar o argumento xeral do curso.

Observación: o programa informático utilizado para a presentación deberá estar sempre ao servizo

do contido, nunca ao de criterios ‘estéticos’.

Textos:

Os poemas a tratar deberán estar a disposición dos compañeiros dous días antes da presentación

(sempre serán poemas que aparecen na selección de textos).

Citas: leranse coidadosamente durante a presentación.

Debate:

Os presentes deberán facer preguntas aos poñentes

O profesor fará preguntas tanto aos poñentes como ao resto da clase.

O TRABALLO ESCRITO:

Unha introdución xeral presentará a idea e o argumento que articula o traballo dos membros do

grupo.

Cada membro do grupo escribirá un breve ensaio en inglés nun folio e tendo en conta o modelo do

exame e organizando a redacción segundo a seguinte estrutura:

o Explicación preliminar

Idea a argumentar

Relevancia da idea

Estrutura e argumento

o Desenrolo do argumento e análise de textos.

Tratándose dunha práctica de redacción, non só é importante a organización do conxunto segundo

un argumento coherente, senón tamén a organización de cada parágrafo: cada parágrafo é un paso

no argumento; a idea que rexe o parágrafo deberá facerse explícita ao seu comezo de tal xeito que a

simple lectura do comezo de cada parágrafo debería permitir seguir os pasos do argumento.

Page 19: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

19

Deberase evitar en todo momento a mención de datos irrelevantes para o argumento e a dispersión

de ideas. Dito de outro xeito: todos os datos da análise que se mencionan deberán servir para probar

o que se argumenta.

11. Cadro de Actividades

12. Indicacións metodolóxicas específicas

para o seguimento da materia

Actividades presenciais Horas Actividades non

presenciais

Horas

Sesións expositivas 32

Estudio autónomo

individual ou en grupo

dos textos de lectura

obrigatoria

80

Sesións de seminario 16 Lecturas recomendadas,

actividades de

biblioteca e similares

Realización de traballos

Preparación de

presentacións orais

debates.

20

Sesións de avaliación 2

Total de horas de

actividade presencial

50 Total de horas de

actividade no

presencial

100

- Deberase levar o traballo ao día:

- É imprescindible evitar acumular apuntes sen revisar.

- É imprescindible ler con moita atención e traballar os poemas que aparecen nos

arquivos da Aula Virtual practicando segundo as liñas de análise seguidas

na clase.

- Toma notas segundo vaias lendo os poemas. Se non o fas non poderás

contestar ás preguntas das probas de comprobación de lectura.

- Fai paráfrases: ademais de ser unha das preguntas de proba de comentario,

axudarache a preparar as probas de comprobación de lectura.

- Utiliza o modelo de exame como guía de estudo tanto para facer prácticas de

comentario como para tomar notas de cara ao exame de comprobación.

- Procede "peíño ante pe", isto é, de xeito ordenado empezando pola solución

das cuestións básicas de vocabulario e sintaxe; nunca te saltes o elemental por

obvio que pareza.

- Comproba que entendes os conceptos de 'dobre dimensión' e 'sistema de

sistemas' practicando con exemplos.

- Visualiza as imaxes do poema, mesmo como se fose un guión cinematográfico.

- Participa activamente nos foros e nos seminarios. É moi importante a participación

nas clases interactivas tanto para aclarar dúbidas como para aportar comentarios.

Page 20: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

20

13. Criterios de avaliación específicos da

materia

- Traballa en grupo.

- Sobre o tema 2 (Estilos e movementos) do programa: deberedes preparar o seminario

recollendo os coñecementos adquiridos na carreira e consultando os arquivos cos

esquemas da materia 'Introdución á literatura inglesa' que atoparedes na Aula Virtual.

- Previamente á clase ou seminario, haberá de facerse unha lectura atenta dos textos

seleccionados e solucionar os problemas lingüísticos que poidan presentar.

- É moi importante a participación nas actividades do grupo:

· Preparación dos seminarios en debates en grupo.

· A revisión apuntamentos.

. A detección e solución de problemas de lingua é unha tarefa básica do

grupo. Aqueles problemas que non poidan solucionar os grupos solucionaranse

no foro correspondente que se abrirá na aula virtual.

· Preparación da Mesa Redonda e do ensaio, seguindo o modelo do exame,

sobre o tema elixido.

- É moi aconsellable a práctica da lectura en voz alta dos poemas. Moitos deles podedes

escoitalos facendo unha busca a na web; se os preparades así melloraredes moitísimo

a vosa pronunciación. Comprobade sempre a pronunciación das palabras.

- É altamente aconsellable a realización de exercicios prácticos tomando como base o

modelo do exame.

- Recomendación para a memorización dos poemas: se tes unha memoria normal e

non queres matarte moito, planifícate. Por exemplo, estuda semana unha secuencia

tamaño cuarteto: un verso ao día os catro primeiros días e repaso o resto.

Avaliación continua e exame

Consideracións xenerais sobre a avaliación:

- A asistencia as clases é obrigatoria e, polo tanto, requisito indispensable para

aprobar a materia. Non poderá aprobar a materia (nin en maio nin en xullo)

quen falte mais de tres veces ás clases sen presentar o debido xustificante

en tempo e forma. Isto non supón ningún permiso para faltar á clase tres veces:

que nalgún caso non sexa doado obter un xustificante formal non significa que

se poida faltar sen xustificación (a falta á clase sen ningún tipo de xustificación

resta 0'3 puntos da nota). O xustificante debe presentarse o mesmo día de

reincorporación ás clases. Só serán xustificables aqueles motivos que se poden aducir

en calquera outro traballo.

- A pesares de que o exame ten a maior parte do peso na nota, a participación nas

clases, así como a realización de tarefas programadas, é condición

indispensable para obter unha boa cualificación, como podes ver no cadro que

recolle os ‘Aspectos que se terán en conta e o seu peso na avaliación global de cada

Page 21: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

21

alumno’ (páx. 22) e no modelo de ficha individual e de grupo.

O exame: un único exame con dúas partes (ver modelo ao final desta Guía Docente):

A primeira consiste na comprobación da lectura atenta das obras que aparecen nos

arquivos da Aula Virtual. Constará de dous exercicios: unha versión en galego ou

castelán dun poema (ou selección) para comprobar a comprensión da lingua e a

fluidez de lectura do texto, e unhas preguntas para comprobar se se leron os poemas.

Parte de comprobación:

A superación da comprobación da lectura é un requisito indispensable para

aprobar a materia. Criterios: 1) Non se pode obter menos de 4 en dúas probas de

tradución ou en dous apartados de preguntas. 2) Non se poden acumular mais de tres

suspensos no conxunto das probas. 3) Non se poden suspender os tres exercicios

de tradución nin os tres apartados de comprobación de lectura. Excepción: un 4'5

pode recuperarse con un 5.5 no outro exercicio da mesma proba de

comprobación. 4) Non se pode ter menos de 4 nos dous exercicios dunha mesma

proba. 5) Para obter nota final superior a aprobado ou notable, e necesario acadar

un mínimo de 5’5 ou 7’5 respectivamente tanto nas probas de comprobación

como na proba de comentario.

Parte de comentario

A segunda parte do exame consiste no comentario dun texto seguindo as pautas

aprendidas ao longo do curso. Como podedes ver no modelo de exame (páx. 26), a

proba de comentario vai precedida de outra de tradución do texto a comentar. Para que se avalíe o comentario é necesario ter nesa proba polo menos un 4'5.

Atención: Para superar a materia hai que acadar un 4 sobre 10 como mínimo na

segunda parte (comentario) do exame.

Os foros na Aula Virtual

Abriranse foros na aula virtual para que se poidan facer preguntas sobre as

dificultades de lingua que presenten os poemas. Para axudar a organizar as

lecturas, abriranse varios foros para cada un dos bloques. Deberán estar subidas

as preguntas nos correspondentes foros segundo o seguinte calendario: 1a (10

febreiro), 1b (22 febreiro); 2a (12 marzo), 2b (29 marzo), 2c (5 abril); 3a (16

abril), 3b (29 abril); 3c (10 maio).

Memorización de versos

Dos textos correspondentes a cada unha destas probas o alumno deberá

memorizar 14 versos (poden ser un poema ou un extracto, sempre que formen

un continuo de polo menos 7 versos). Poderase preguntar por estes versos

ben cando se faga a parte da comprobación ou coincidindo coa parte do

comentario. A memorización destes versos servirá para matizar a nota. Os

matices son importantes. Por exemplo, dependendo da calidade da resposta, un

suspenso por encima de un 4'5 poderá converterse en aprobado; un aprobado

Page 22: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

22

por encima de un 6'5, en notable, un notable por encima de 8'5, en sobresaínte;

e decidir unha matrícula.

Mide os versos que memorizas para poder recitalos adecuadamente.

Avaliación das presentacións e dos ensaios dos grupos

· Por tratarse dun traballo en grupo, ademais da contribución individual,

cualificarase a coordinación do grupo. Non ten sentido que o grupo se limite a

'repartirse' artigos, poemas... nos que despois cada persoa traballa por separado;

teranse que reflectir os resultados do debate interno do grupo tanto na

presentación como na redacción do traballo, en particular na introdución e nas

conclusións.

· Cualificarase a participación do resto da clase no debate. O profesor fará

preguntas e cualificará as respostas non só dos presentadores senón tamén do

resto da clase.

· Cualificarase a capacidade de argumentación e análise.

Moi importante: Tanto na presentación oral como na redacción esixirase o nivel de

lingua que corresponde ao último curso da carreira.

Datas de presentación e entrega dos ensaios: A partir de mediados de marzo.

Aspectos que se terán en conta e o seu peso na avaliación global de

cada alumno (véxase tamén o modelo de ficha do alumno).

Como podes ver no seguinte cadro, teranse en conta as túas apartacións escritas e orais

ao longo do curso.

Aspecto Criterios Instrumento Peso %

Participación Participación nos debates

tanto presenciais como

nos foros da Aula Virtual.

Avaliarase a

pronunciación na lectura

dos poemas.

Observación e

notas do profesor

10

Actividades Avaliarase o grao de

corrección na estrutura,

documentación e

expresión das

presentacións e a

memorización de

poemas.

Traballos e

presentacións

10

Probas de

comprobación

Tradución e

preguntas sobre

os textos

10 A superación destas

probas é ademais

condición indispensable

para pode aprobar a

Page 23: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

23

FICHA INDIVIDUAL

NOME

GRUPO

ASISTENCIA

PARTICIPACIÓN

- Persoal

- Presentación (da participación do traballo en grupo)

Calidade dos exemplos

Precisión da análise

Claridade expositiva

- Traballo escrito

Calidade e orde da redacción

Calidade da análise

Coherencia da argumentación

Nivel de lingua

OBSERVACIÓNS:

EXAME:

- Probas de Comprobación:

Tradución 1ª 2ª 3ª

Cuestións 1ª 2ª 3ª

- Proba de comentario:

Tradución e paráfrase

Métrica

materia.

Dominio teórico-

práctico da

materia

- Dominio dos conceptos

da materia.

- Visión global da

materia.

Segunda parte do

exame

(comentario)

35

Dominio de

competencias

- Capacidade analítica e

crítica.

- Coherencia na

argumentación.

- Organización do exame.

- Destreza no comentario

de textos.

- Dominio adecuado da

lingua inglesa.

Segunda parte do

exame

(comentario).

35

Atención:

Aplicaranse estes mesmos criterios de avaliación tanto nas convocatorias de maio e

xullo como de fin de carreira e tamén no caso dos alumnos que repiten curso.

No caso do alumnado con dispensa de asistencia, o exame computará o 100% da nota.

Page 24: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

24

Dobre Dimensión

Sistema de Sistemas

Referencias a outros poemas

Claridade e profundidade da comprensión da clase

Calidade da análise

Rigor da argumentación

Nivel de lingua

FICHA GRUPO

TRABALLO:

Tema

Preparación presentacións (seguimento en titorías)

Presentación:

Coordinación do grupo

Estrutura do traballo

Calidade dos exemplos

Precisión da análise

PARTICIPACIÓN NOS FOROS

(Esixirase nivel de lingua adecuado en todas as formas de participación)

14. Calendario

Datas de exposición do temario

Febreiro: Os eixos da análise (exemplificados en poemas do S. XX).

Febreiro-Marzo: Renacemento.

Marzo-Abril: Romanticismo.

Abril-Maio: Modernismo.

Maio: Despois do modernismo.

Datas aproximadas de celebración das probas de comprobación:

1ª proba: 26 Febreiro De Wyatt a Gray.

2ª proba: 9 de abril. De Blake a Tennyson

3ª proba: 14 de maio. De W.B. Yeats a J.H. Prynne. (a data definitiva desta proba

fixarase na aula).

Datas de presentación dos ensaios: A partir de mediados de marzo.

Page 25: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

25

15. Recomendacións para a preparación da

avaliación

Leva o traballo ao día.

- É imprescindible que organices o teu tempo e a lectura dos textos que aparecen nos

arquivos da Aula Virtual. Fíxate no calendario (sección 13 desta Guía).

- Imprime o modelo de exame e teno diante cando traballes.

- Toma notas de xeito organizado e sistemático segundo les. As preguntas que aparecen

nos modelos tanto do exercicio de comprobación como de comentario guiarante neste

traballo.

- É imprescindible que leves lidos os textos sobre os que se vai traballar nas clases

expositivas ou interactivas e comprobada a pronunciación. Non facer isto é unha falta

grave porque significa que non se están seguindo as pautas marcadas para o estudo

adecuado da materia. Fallos na pronunciación penalizan seriamente a cualificación da

túa intervención porque significa que ou ben non estás disposto/a a traballar como é

debido ou que non te molestaches en ler os textos.

- Todos os textos que se empreguen nas clases, figuren ou non nos arquivos da Aula

Virtual, son materia de exame.

- Debes coidar a toma de apuntes revisándoos despois das clases para asegurarte de que non

queden lagoas ou puntos escuros. Se o fas así, a toma de apuntes deixará de ser mecánica

e pasará a ser un magnífico exercicio de escritura.

- Rematado un tema, debes preparalo a fondo.

- É imprescindible que detectes e soluciones os problemas de lingua que poidan presentar

os textos.

- Aproveita as clases interactivas para aclarar conceptos.

- Traballa en grupo, non só para facer as actividades, senón tamén para completar apuntes,

detectar problemas de lingua e preparar os seminarios.

- Solicitade debates sobre temas de especial interese para vos relacionados cos temas

tratados ao longo do curso.

- Practica co modelo de exame coidando a claridade conceptual, a estrutura e a

argumentación. Fíxate que as tarefas encargadas en cada tema están directamente

relacionadas coa práctica da escritura e co modelo de exame.

- Utiliza as ferramentas que che proporciona a Aula Virtual.

Page 26: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

26

- APROVEITA A PREPARACIÓN DAS PROBAS DE COMPROBACIÓN PARA

DAR UN SALTO NO TEU NIVEL DE INGLÉS

· Fai unha carpeta con dous apartados: nun anota as estruturas sintácticas que che

presentaron problemas, no outro o vocabulario de uso común que debes saber

manexar.

· Le en alto coidando moito a pronunciación. En internet atoparás lecturas da maioría

dos poemas.

16 Outras observacións importantes

Non se permitirá o uso de aparatos electrónicos persoais na clase. O uso de móbiles considerarase una

falta moi grave, será motivo de expulsión, e restará tres puntos na nota final.

Non se permite o acceso á clase unha vez pechada a porta.

17. 0 modelo de exame:

O exame ten dúas partes

1) Tres probas de comprobación (ver calendario páx. 24).

A versión correcta en galego ou castelán do texto que se pide traducir é imprescindible para superar

estas probas. Esta versión será en prosa e en orde sintáctico normal. O tempo para facer esta proba

dependerá da lonxitude do texto, pero esixirase traducir con fluidez (en xeral, pode oscilar entre 8’ e

12’). Unha vez feito isto, para superar a proba é tamén necesario responder correctamente ás

cuestións da comprobación de lectura dos textos (ver modelo proba de comprobación, p.27).

Dependendo da extensión das respostas, o tempo oscila entre 3’ e 5’ para este apartado.

2) Un breve ensaio que consistirá no comentario dun texto guiado por una serie de preguntas.

Disporás de dous folios: un para facer o exame e outro para borrador. Para o comentario disporás

dunha hora. Usa o borrador para facer un esquema do teu comentario; dedícalle aproximadamente

20’ a este traballo preparatorio da túa redacción.

Ten moi en conta que é fundamental amosar o coñecemento dos textos, a capacidade de análise dos

mesmos, a capacidade de síntese das ideas da clase, así como a de relacionar, organizar e de

argumentar. Debes completar o folio con letra, clara e espazos interlineais

normais. Un folio incompleto di moito da túa incapacidade de análise e argumentación.

Como verás no modelo de exame, tamén agora hai que traducir o texto ou parte do texto a comentar

(antes de empezar a contar o tempo para o comentario); a tradución correcta é un requisito

Page 27: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

27

imprescindible para aprobar o exame. Tempo para a redacción (unha vez contestadas as preguntas

de comprobación de lectura): 1 hora.

Recorda: deberás aproveitar as actividades para practicar con este modelo de exame. Un dos

aspectos da túa contribución ao traballo do grupo implicará precisamente a realización deste

exercicio.

I. Exemplo de exercicio de comprobación de lectura

Name: ............................................................................

Group: ........

1) Translate the following lines

Descend from Heav'n Urania , by that name ..............................................................................................................

If rightly thou art call'd, whose Voice divine ..............................................................................................................

Following, above th' Olympian Hill I soare, ..............................................................................................................

Above the flight of Pegasean wing. ..............................................................................................................

The meaning, not the Name I call: for thou ..............................................................................................................

Nor of the Muses nine, nor on the top ..............................................................................................................

Of old Olympus dwell'st, but Heav'nlie borne, ..............................................................................................................

Before the Hills appeerd, or Fountain flow'd, ..............................................................................................................

Thou with Eternal wisdom didst converse, ..............................................................................................................

Wisdom thy Sister, and with her didst play ..............................................................................................................

In presence of th' Almightie Father, pleas'd ..............................................................................................................

With thy Celestial Song. Up led by thee ..............................................................................................................

Into the Heav'n of Heav'ns I have presum'd, ..............................................................................................................

An Earthlie Guest, and drawn Empyreal Aire, ..............................................................................................................

Thy tempring; with like safetie guided down ..............................................................................................................

Return me to my Native Element: ..............................................................................................................

Least from this flying Steed unrein'd, (as once ..............................................................................................................

Bellerophon , though from a lower Clime) ..............................................................................................................

Dismounted, on th' Aleian Field I fall ..............................................................................................................

Erroneous there to wander and forlorne. ..............................................................................................................

2) Answer the following questions (examples)

Page 28: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

28

- Who is speaking?

- Whom is the speaker addressing?

- “I fall/ Erroneous there to wander and forlorne” Mention other sections of the poem echoed in this fragment.

- Summarise the story that the poem this text belongs to tells (on the basis of the selection of the lines that you were asked

to read in this course).

- Mention other characters or mythical figures that appear in the poem.

- Mention other scenes from the same poem that can be related to the one presented here.

- Mention other examples of similar experiences expressed by the author of these lines in the poem from which this

fragment is taken or in any of his poems that you have read.

3) Mention the “requisitos normativos” for the study of this subject established in the ‘Guía Docente.’

4) Write the first and the last four lines of the poem from the seventeenth century that you have learned.

· Autoavaliación:

II. Exemplo de exercicio de comentario

Name: …………………………………..

Group:………………

I. TRANSLATE:

Why should I blame her that she filled my days

With misery, or that she would of late

Have taught to ignorant men most violent ways,

Or hurled the little streets upon the great,

Had they but courage equal to desire?

What could have made her peaceful with a mind

That nobleness made simple as a fire,

With beauty like a tightened bow, a kind

That is not natural in an age like this,

Being high and solitary and most stern?

Why, what could she have done, being what she is?

Was there another Troy for her to burn?

Page 29: FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA … · -Analizando a situación. - ... comprensión de algunha das teorías lingüísticas e literarias nas que se basea a análise

Guía Didáctica da materia Poesía Inglesa

29

II. COMMENTARY:

- Scan the first four lines of the poem.

- Give a paraphrase of the text in five or six lines. Something like this:

The lyric voice refuses to blame his beloved (“why should I blame her” l.1) for the “misery” (l.2) she has

caused him and for her involvement in politics (ll.2,3). All this is the consequence of the nature of her

beauty that, like Helen’s, is destructive. Having no Troy to burn in contemporary unheroic times, she

burned the speaker’s heart and tried to provoke a revolution.

- Explain the double dimension in this poem.

- Analyse the elements that intervene in the interplay of systems and that contribute to the exploration of

the double dimension.

- Refer to other poems by the same author and explain their relevance to your argument.

III. Write a quatrain from each of the three poems that you have chosen to memorize.

(Para os distintos aspectos que se teñen en conta na avaliación do comentario, ver o modelo de 'ficha

individual' na páx. 23).