Top Banner
As persoas interesadas en coidar a sua saúde e a do medio ambiente cada vez mais se preocupan por coñecer a composición dos produtos que utilizan para a hixiene e o cuidado externo do corpo, aprender a identicar ingredientes nocivos e procurar alternativas saudables. Con estas inquedanzas, a cosmética elaborada por nós mesmas e con plantas do noso entorno, aparece como a alternativa mais segura, ecolóxica e económica. Uns coñecementos básicos permitirannos desfrutar de cosméticos frescos, con materias primas de km 0, manipuladas minimamente para que conserven todas as súas propiedades. A maxia da alquimia nas nosas cociñas! Devagar, como se fan as boas cousas, a maneira mais gozosa de vivir a cosmética slow. Os obradoiros de cosmética acompáñanse de multitude de información e receitas para proseguir este camiño, e as persoas participantes levarán unha mostra dos produtos elaborados (cremas faciais, leites corporais, champú, etc,..) con ingredientes naturais e ecolóxicos. Cosmética natural Produtos para a pel e o cabelo con plantas medicinais do noso entorno obradoiros de saúde e natureza
6

Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

Aug 21, 2020

Download

Documents

dariahiddleston
Welcome message from author
This document is posted to help you gain knowledge. Please leave a comment to let me know what you think about it! Share it to your friends and learn new things together.
Transcript
Page 1: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

As persoas interesadas en coidar a sua saúde e a do medio ambiente cada vez mais se preocupan por coñecer a composición dos produtos que utilizan para a hixiene e o cuidado externo do corpo, aprender a identificar ingredientes nocivos e procurar alternativas saudables. Con estas inquedanzas, a cosmética elaborada por nós mesmas e con plantas do noso entorno, aparece como a alternativa mais segura, ecolóxica e económica.

Uns coñecementos básicos permitirannos desfrutar de cosméticos frescos, con materias primas de km 0, manipuladas minimamente para que conserven todas as súas propiedades. A maxia da alquimia nas nosas cociñas! Devagar, como se fan as boas cousas, a maneira mais gozosa de vivir a cosmética slow.

Os obradoiros de cosmética acompáñanse de multitude de información e receitas para proseguir este camiño, e as persoas participantes levarán unha mostra dos produtos elaborados (cremas faciais, leites corporais, champú, etc,..) con ingredientes naturais e ecolóxicos.

Cosmética naturalProdutos para a pel e o cabelo con plantas

medicinais do noso entorno

obradoiros de saúde e natureza

Page 2: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

obradoiros de saúde e natureza

Programa

Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo a ler etiquetas.Plantas medicinais na cosmética.Utensilios e normas de hixiene e seguridade.Conservación dos cosméticos.

1. Introducción. Cosmética consciente.

2. Ingredientes.

Ingredientes na cosmética natural.Aceites vexetais: aproximación aos distintos tipos de aceites cosméticos.Emulsionantes.Conservantes na cosmética natural e caseira.Activos cosméticos.

3. Plantas medicinais na cosmética caseira.

As plantas do noso entorno.As plantas como ingredientes cosméticos: virtudes e principios activos.Elaboración das plantas. Extractos cosméticos.Aceites esenciais. Usos e precaucións.

Page 3: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

ProgramaFormas acuosas, anhidras, emulsións e outras formas cosméticas.Formas anhidras. Elaboración de aceites. Manteigas corporais.Bálsamos labiais, ungüentos medicinais e perfumes sólidos.Pinta-labios. Introdución á maquillaxe.

4. Primeiros pasos.

5. Emulsións (Teoría)

Teoría básica: entender o proceso.Tipos de emulsións. Tipo de emulsionantes.Temperatura e outros factores determinantes.Fallos comúns.Maos a obra!

6. Emulsións (Práctica)

Crema bebé.Leite limpador facial de lavanda.Cold-cream maos castigadas.Leite hidratante corporal con mel e macela.Hidratante corporal con aceite de caléndula.After-sun de hipérico.BBcream de argám.Receitario.

7. Mascaras e exfoliantes.

Porque necesitamos exfoliación?Ingredientes exfoliantes.Xabóns, xeles e outras receitas exfoliantes.Mascaras hidratantes e nutritivas con ingredientes naturais. Receitario e práctica.

obradoiros de saúde e natureza

Page 4: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

ProgramaQue son os tensioactivos? Formulando un champú.Ingredientes naturais no champú.Receitario e práctica.

8. O champú.

9. Acondicionador e mascaras capilares.

Un pouco de teoría.Ingredientes acondicionadores. Receitario e práctica.

10. Xabón.

Breve introdución ao apaixonante mundo da saponificación.Plantas medicinais no xabón.Xabóns naturais. Receitas básicas para comezar.Práctica.

11. Outras preparacións cosméticas.

Sales de baño.Locións.Velas para masaxe.Xeles, ceras e lacas para o cabelo.Cuidado dos pés.

obradoiros de saúde e natureza

Page 5: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

DuraciónO temario podese dividir en

sesións de 2-3 horas, de forma que se poden realizar pequenos obradoiros por apartados

concretos. O curso completo é de 36 horas.

PrazasMáximo 12 prazas.

UtensiliosCociña, batidora, báscula,

utensilios de cociña,..Proxector e encerado.

*Todos os utensilios dos que non dispoña o local aportaraos

DEVAGAR.

DificultadePode formularse como un curso de

iniciación, para persoas sen coñecementos previos de

cosmética natural. Se se teñen coñecementos previos

pode adaptarse o nivel de dificultade.

ELABORAos teus propios

COSMÉTICOSCoñece a procedencia e

calidade das tuas materias primas

Aforra moito diñeiro

Desfruta do proceso

Divirtete e aprende coa

Cosmetica

slow

Page 6: Cosmética natural - Devagar€¦ · Cosmética natural vs cosmética convencional. Historia da cosmética. Porque elaborar os nosos cosméticos? Ingredientes nocivos: Aprendendo

O curso de cosmética DEVAGAR está programado para xente que

busca produtos naturais, afastados de materias primas

derivadas do petróleo, das ceras e manteigas minerais, sulfatos,

siliconas, conservantes e colorantes artificiais, e outras

substancias daniñas para a saúde

e o medio ambiente. O obxectivo é alcanzar a autonomía suficiente para poder formular

cosméticos adaptados as propias necesidades e posibilidades. Consulta

posibilidades para organizar este obradoiro!

obradoiros de saúde e natureza

IngredientesTodos os ingredientes serán aportados por DEVAGAR. As

plantas, os aceites, os produtos da colmea e os ingredientes

cosméticos utilizados serán procedentes de cultivo ecolóxico

sempre que sexa posible.

Materiais para levar a casa

Materiais para levar a casaDossier de 115 páxinas cos contidos tratados durante o

obradoiro.Mostra de cada un dos produtos

elaborados para cada participante.Asesoramento gratuíto e

participación continua na escola DEVAGAR.

[email protected]

687 913 857